Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago abre unha enquisa cidadá para definir o modelo turístico ata 2030

Turismo de Santiago promove a participación do sector e da veciñanza nun proceso de diagnose con cuestionarios, grupos focais e entrevistas

Fotografía de archivo de la Catedral de Santiago
A iniciativa busca recoller percepcións e propostas para avanzar cara a un modelo turístico sostible baseado no equilibrio entre visitantes, sector e residentes
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Turismo de Santiago promove a participación do sector e a veciñanza na planificación do modelo turístico que desenvolverá a cidade ata o ano 2030. Para facilitar a recollida do parecer e as ideas, tanto do sector turístico, como de sectores relacionados indirectamente, así como do conxunto da cidadanía, Turismo de Santiago vén de publicar unha enquisa aberta na que anima a participar neste diálogo.

Trátase dun pequeno cuestionario, totalmente anonimizado, que propón 20 preguntas con diversas opcións coas que se valorará o sentir das persoas participantes. Ademais conta, en varias cuestións, cun espazo de resposta aberto pero guiado para a achega de ideas. Pódese acceder á enquisa ata o día 9 de maio.

Esta acción forma parte dun traballo de diagnose máis amplo, que se levará a cabo durante este mes de abril, no que se celebrarán 11 grupos focais organizados por temáticas co obxectivo de promover o diálogo, a interacción e o intercambio de ideas construtivo e obter unha visión colectiva. Á enquisa e aos grupos focais súmanse varias entrevistas individuais en profundidade a actores chave da cidade e o sector en Galicia.

Estas tres accións permitirán analizar as experiencias, percepcións e perspectivas de cada persoa participante e poder abordar aspectos concretos cos que acadar un coñecemento máis profundo das dinámicas locais que acompañen ao diagnóstico. O traballo estase a levar a cabo a través de datos e estatísticas cos que se pretende obter unha radiografía o máis exacta posible da situación turística en Compostela.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620