Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O certame Enreguéifate entrega os premios da súa novena edición

A gala celebrarase este xoves no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra con alumnado, regueifeiros e representación institucional de toda Galicia

La alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participó en la presentación de 'Enreguéifate 2025'
Preto de 800 persoas asistirán a un evento que promove a regueifa como patrimonio oral e impulsa o uso do galego entre a mocidade a través da improvisación e a educación
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A nave da improvisación oral aterra en Pontevedra para entregar os premios da novena edición do certame Enreguéifate. O proxecto, promovido polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Santiago de Compostela, Teo, Arzúa, Carballo, Pontevedra e Pontevedra, busca difundir a regueifa –un claro exemplo de patrimonio inmaterial que continúa a se renovar xeración tras xeración– e fomentar o uso do galego entre a mocidade.

O evento terá lugar este xoves, 16 de abril, ás 11.45 horas no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra, e estará conducido polo mestre e regueifeiro Manolo Maseda; o mestre, escritor e regueifeiro Séchu Sende; e as formadoras do Enreguéifate Josinho da Teixeira, Nuria das Cruces, Xairo d'Herbón, Cristian de Burela, O Rabelo e Manuele Pardo.

A gala contará ademais coas actuacións musicais da Orquestra da Regueifa, formada por alumnado do IES do Milladoiro (Ames), o IES Antonio Fraguas (Santiago de Compostela) e IES Xulián Magariños (Negreira), así como de xmaseda65, artista viveirense pioneiro da nova escena urbana galega.

O evento contará coa interpretación en lingua de signos a cargo de dúas integrantes da Organización de Diversidade Sensorial de Galicia (XOGA). Asistirán preto de 800 persoas, entre elas, as persoas gañadoras do certame Enreguéifate –que recollerán cadanseu premio–, ademais dunha vintena colexios e institutos de toda Galicia que participaron no proxecto nesta última edición. Tamén estará presente unha representación institucional dos concellos impulsores.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620