Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Juan Manuel Díaz Villoslada, novo xerente da Universidade de Santiago

O Consello Social aproba a proposta da reitora e o nomeamento faise efectivo tras a súa publicación no DOG

O novo responsable da xerencia da USC conta cunha ampla traxectoria na administración pública, con cargos na Universidade da Coruña, no Concello coruñés e na Xunta de Galicia
O novo responsable da xerencia da USC conta cunha ampla traxectoria na administración pública, con cargos na Universidade da Coruña, no Concello coruñés e na Xunta de Galicia
Santi Alvite
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Juan Manuel Díaz Villoslada asumirá a partir deste mércores o cargo de xerente da Universidade de Santiago logo de que o Consello Social da USC aprobase o luns a proposta da reitora e de que o DOG publicase hoxe o acordo.

Díaz Villoslada, que entre 2012 e 2016 ostentou o cargo de xerente da Universidade da Coruña, era ata o de agora o xefe de servizo de Tesourería Xeral do Concello da Coruña. Anteriormente, e en diferentes etapas, fora técnico superior de dirección-área de economía e planificación estratéxica; director de Facenda, Interior e Servizos Xerais; coordinador de servizos centrais e xefe de servizo de Persoal da mesma Administración local.

O novo xerente da USC ocupouse ademais de distintas responsabilidades na Xunta de Galicia, como as de subdirector xeral de Administración Local, inspector de servizos, subdirector xeral de Coordinación administrativa e control orzamentario na Consellaría de Ordenación do Territorio e Obras Públicas, xefe de servizo de Contratación e Expropiacións na Dirección xeral de Obras Públicas e xefe de sección de xestión xurídica e explotación na Subdirección Xeral de Portos.

Juan Díaz Villoslada é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago, con Diploma de Inspector de Servizos e de Directivo, posúe un posgrao en dirección de RR.HH. en empresas, organizacións e institucións pola UDC e especialización en Xestión de persoal polo INAP. Conta ademais con numerosa formación continua especializada no ámbito da xestión pública.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620