Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Comeza a organización participativa da Festa do Banquete de Conxo 2026

O Concello activa a comisión cidadá e abre prazos para o Mercado do Libro e postos de polbo de cara á celebración do 22 ao 24 de maio

A primeira reunión da comisión de participación marca o inicio dos preparativos dunha edición que volverá contar con implicación veciñal, obradoiros de vestiario e convocatoria aberta para actividades culturais e comerciais
A primeira reunión da comisión marca o inicio dos preparativos dunha edición que volverá contar con implicación veciñal, obradoiros de vestiario e convocatoria aberta para actividades
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Xa están en marcha as actividades preparatorias da Festa do Banquete de Conxo, que se celebrará do 22 ao 24 de maio. O centro sociocultural de Conxo acolleu onte a primeira reunión da comisión de participación do evento, da que fan parte asociacións veciñais e culturais de todo o municipio.

Como nas edicións anteriores, o Concello convida á veciñanza de Santiago a participar activamente na organización e na dinamización da Festa do Banquete de Conxo. Para iso, a través da rede de Centros Socioculturais volveu convocarse a comisión de participación, da quen fan parte representantes de diferentes entidades veciñais e culturais de todo o municipio.

Ademais, como en anos anteriores volven organizarse os obradoiros de confección de vestimenta, tanto de traxes tradicionais como de traxes de época, co obxectivo de animar á veciñanza a acudir á festa caracterizada e lograr unha maior ambientación no evento. Os obradoiros, a cargo de Bety Busto, desenvolveranse alí onde haxa un grupo de persoas interesado.

Outra vía para a participación na Festa do Banquete será a través do desfile teatralizado do domingo 24 de maio, ao que están convidados todos os grupos ou colectivos de teatro afeccionado de Santiago, e en particular da rede de centros socioculturais. Tamén poderán participar grupos de mozos e mozas, que no desfile se caracterizarán como estudantes e que terán unha acción definida dentro do desfile teatralizado do domingo.

Mercado do libro

Desde hoxe, e ata o 30 de abril, está aberto o prazo de presentación de solicitudes para participar no Mercado do Libro que se desenvolverá na praza Aurelio Aguirre coincidindo coa Festa do Banquete de Conxo.

O Mercado do Libro, impulsado polo departamento de Comercio, celebrarase o sábado 23 e o domingo 24 de maio, en horario de mañá e tarde. Nel poderán expoñer e vender os seus produtos librarías, editoriais e outros sectores vinculados ao libro e a ilustración. O Concello habilitará e acondicionará un espazo cuberto para un máximo de 20 postos, cunha superficie orientativa de 4 metros cadrados cada un deles. Ademais, o mercado contará con actividades complementarias de dinamización, e os expositores e expositoras poderán propoñer ao Concello a realización de actividades como recitais ou presentacións literarias ou artísticas.

Postos de polbeiras

Tamén está aberto desde hoxe o prazo para solicitar autorización para a instalación de tres postos de polbeiras, que terán unha dimensión de 15 x 5 metros. Os postos terán carpa e estará ubicados nas zonas asignadas a tal efecto no recinto do Bosque do Banquete, o día 24 de maio.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620