Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A USC abre as súas portas en liña para orientar ao futuro alumnado

Os Encontros Virtuais na Zona USC permitirán coñecer titulacións e servizos os días 13 e 14 de abril sen inscrición previa

Diríxense principalmente a alumnado de Bacharelato, Ciclos Formativos de Grao Superior e de 4º de ESO
Diríxense principalmente a alumnado de Bacharelato, Ciclos Formativos de Grao Superior e de 4º de ESO
Santi Alvite
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Cada ano a USC recibe a alumnado de Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Superior para amosarlle as súas instalacións dependendo dos seus intereses académicos e comezar unha aproximación con posibles novos estudantes. Nesta ocasión, os vindeiros 13 e 14 de abril, toda persoa interesada poderá coñecer de maneira virtual as titulacións e servizos da USC conectando directamente coas súas persoas responsables.

Cos Encontros Virtuais na Zona USC preténdese achegar a máxima información posible ao futuro estudantado universitario sobre todo aquilo que ofrece a USC en Santiago e Lugo, comezando pola oferta de titulacións de grao pero tamén de servizos como a Oficina de Información Universitaria, o Servizo de Residencias ou o Proceso de Preinscrición e Matrícula nas Universidades de Galicia.

Para participar non é preciso inscribirse, unicamente hai que consultar no web dos encontros ou ben o cronograma ou ben premer nos graos ou servizos que interesen e dende aí conectarse no horario que máis conveña co profesorado do centro ou responsable do servizo. O estudantado que o desexe poderá facer as súas consultas de maneira directa na videoconferencia ou empregando o chat.

Moitas das videoconferencias terán lugar en horario de mañá para que os centros educativos poidan sumarse tamén e algunhas de tarde para facilitar a conexión coas familias.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620