Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Xalundes gaña o III Certame de Grupos Musicais da USC

Fuego Lolita e Malezza completan o podio nunha final celebrada na Igrexa da Universidade

O concurso recoñeceu o talento musical da comunidade universitaria cunha gala que reuniu finalistas e membros do xurado na USC
O concurso recoñeceu o talento musical da comunidade universitaria cunha gala que reuniu finalistas e membros do xurado na USC
Santi Alvite
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A terceira edición do Certame de Grupos Musicais da USC xa ten gañadores. Trátase de Xalundes que se impuxo, este mércores 8, na final que tivo lugar na Igrexa da Universidade. Fuego Lolita acadou o segundo posto, mentres que Malezza ficou en terceiro lugar. Outorgáronse tres premios dotados de 800, 450 e 250 euros, respectivamente.

Este certame ten como finalidade fomentar e darlle visibilidade á actividade artística e creativa orixinal, no ámbito da música moderna, da comunidade universitaria da Universidade de Santiago de Compostela e especialmente do seu estudantado. O xurado estivo composto por participantes nas dúas edicións anteriores do certame: Aprendiz, ünder e Diego Flâneur, que tamñen participaron na entrega de galardóns xunto á vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620