Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A Ludoteca das Fontiñas rende homenaxe a María Miramontes cunha xornada chea de actividades

O espazo municipal acollerá este sábado presentacións, obradoiros e contacontos para reivindicar o legado da intelectual galega

A programación inclúe a presentación dun libro sobre María Miramontes e Ánxel Casal, actividades creativas e un espectáculo de contos para público familiar
A programación inclúe a presentación dun libro sobre María Miramontes e Ánxel Casal, actividades creativas e un espectáculo de contos para público familiar
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes (Ludoteca das Fontiñas) celebra este sábado 11 de abril unha xornada festiva con actividades culturais e de lecer dedicadas a homenaxear á activista e intelectual rexionalista galega que da nome a este equipamento municipal.

Ás 11.30 horas dará comezo a presentación do libro ‘María Miramontes e Ánxel Casal’ de Diego Bará e Bea Gregores, que nos achega, a través da palabra e das imaxes, a obra a vida de dúas figuras fundamentais na loita pola lingua e cultura galegas. A súa traxectoria vital é un exemplo de paixón, resistencia e amor pola cultura galega.

Tamén pola mañá haberá un obradoiro de poesía e de encadernación coas ilustracións de Bea Gregores.

Xa pola tarde, ás 17.30 horas, Paco Nogueiras contará os seus ‘Contos grandes e pequenos’ e celebrarase tamén unha merendola compartida.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620