Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago presenta o VI Cross e Andaina Solidaria a favor da investigación de Duchenne-Becker

A cita, que se celebrará o 25 de abril no Monte do Gozo, destinará toda a recadación á investigación desta enfermidade rara que a día de hoxe non ten cura

A concelleira de Deportes presentou no Pazo de Raxoi unha nova edición desta proba solidaria, acompañada por representantes deportivos e Samuel Mata
A concelleira de Deportes presentou no Pazo de Raxoi unha nova edición desta proba solidaria, acompañada por representantes deportivos e Samuel Mata
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
LICEO-620X50

A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, presentou este martes no Pazo de Raxoi o "VI Cross e a Andaina Solidaria a favor da investigación de Duchenne-Becker. Unha tarde con Samuel", acompañada por Samuel Mata; o seu pai, Juanma Mata; Iván Sanmartín, presidente da Federación Galega de Atletismo; e Amador Pena, do club Obradoiro.

“Desde o Concello queremos destacar o exemplo de superación e compromiso de Samuel e da súa familia, agradecer o traballo de toda a xente que o fai posible e subliñar, como concelleira, o valor do deporte como ferramenta de transformación social”, manifestou Pilar Lueiro, e celebrou que esta proposta está “consolidándose xa como un evento de referencia no calendario deportivo e solidario da cidade”.

Samuel Mata lembrou que todos os ingresos tanto das inscricións coma do merchandising e do café solidario que se instalará no Monte do Gozo irán a parar á asociación Duchenne Parent Project España.

A actividade está aberta a persoas de todas as idades, con cinco modalidades de participación: andaina (2,8 km), cross absoluta (5 km), sub 16 e sub 14 (2 km), sub 12 e sub 10 (1,2 km) e pitufos (0,35 km).

Inscricións e doazóns

As inscricións están abertas ata o día 22 de abril na web Carreiras Galegas, que permite tamén facer doazóns, a través do dorsal cero.

A concelleira recalcou que “o máis importante desta iniciativa é o seu obxectivo: dar visibilidade á distrofia muscular de Duchenne e Becker, unha enfermidade rara que a día de hoxe non ten cura” e convidou a todas as persoas a participar ou contribuír, sexa correndo, camiñando ou colaborando, á recadación de fondos para a investigación.

Pola súa parte, Iván Sanmartín trasladou o apoio da Federación Galega de Atletismo a esta iniciativa, agradeceu a loita por dar visibilidade a esta enfermidade e fixo un chamado á cidadanía e tamén aos clubes a participar o vindeiro 25 de abril.

Amador Pena, en nome do Clube Atletismo Obradoiro, valorou que a proposta ofrece “un circuito e a zona como espléndida para correr” e un día de festa aberto a tanto a atletas como a persoas con menos nivel de todas as idades.

Corte de tráfico

Finalmente, Pilar Lueiro recomendou por motivos de seguridade e de comodidade que as persoas que vaia participar na proba utilicen o transporte público ou, en caso de acceder en vehículo particular, que opten por San Marcos e eviten a rúa das Estrelas, que estará cortada ao tráfico, pola coincidencia de varios eventos deportivos.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina