Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago impulsa un curso sobre diversidade LGBTIQ+ e xurisprudencia para profesionais da comunicación

A formación, gratuíta e certificada, celebrarase o 13 de abril na Casa das Mulleres Xohana Torres

O Concello organiza unha sesión formativa dirixida a xornalistas e persoal de comunicación para reforzar coñecementos en igualdade, diversidade e dereitos
O Concello organiza unha sesión formativa dirixida a xornalistas e persoal de comunicación para reforzar coñecementos en igualdade, diversidade e dereitos
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
LICEO-620X50

O Concello de Santiago, en colaboración co servizo de coordinación e funcionamento da Casa das Mulleres Xohana Torres e do servizo municipal de asesoramento LGBTIQ+, organiza un curso de formación específica baixo o título ‘Diversidade LGBTIQ+ e xurisprudencia para persoal de comunicación’.

Esta actividade gratuíta e certificada busca achegar unha visión de conxunto e fundamentos sobre diversidade LGBTIQ+ e xurisprudencia a profesionais do ámbito da comunicación, como xornalistas, persoal de xestión de redes sociais ou responsables de prensa.

O curso ten dúas horas de duración e desenvolverase nunha única sesión na Casa Xohana Torres o vindeiro luns 13 de abril dende as 18.00 ata as 20.00 horas.

Igualdade, diversidade e dereitos

Con esta iniciativa o Concello de Santiago continúa a súa aposta pola formación especializada en materia de igualdade, diversidade e dereitos. Neste marco, ponse en marcha un programa de cursos xurídicos dirixidos a diferentes ámbitos profesionais, co obxectivo de fortalecer as competencias e ferramentas necesarias para garantir unha atención respectuosa, informada e libre de discriminación.

Estes cursos pretenden ofrecer un espazo de aprendizaxe, diálogo e actualización normativa que contribúa a unha práctica profesional máis consciente e comprometida coa igualdade real entre todas as persoas.

Con esta iniciativa, o Concello de Santiago reafirma a súa vontade de traballar en rede e crear alianzas entre institucións, administracións e profesionais, avanzando colectivamente cara a unha sociedade máis xusta, inclusiva e comprometida cos dereitos fundamentais.

Inscricións

As inscricións poden formalizarse a través dun formulario. A formación estará impartida por Miguel Vieito, avogado especialidado en Dereito contra a Discriminación, mediador, docente e responsable de asesoramento legal no Servizo LGBTIQ+ do Concello de Santiago. A actividade realizarase mesturando explicacións teóricas con exemplos prácticos e reais e con momentos de debate e participación.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina