Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O IGFAE intégrase no experimento CMS do CERN, unha das maiores colaboracións científicas do mundo

O centro galego participará na investigación en física de partículas no LHC ata a década de 2040 tras un proceso iniciado en 2025

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías incorpórase ao experimento CMS, coñecido pola detección do bosón de Higgs, reforzando a presenza científica galega no CERN
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías incorpórase ao experimento CMS, coñecido pola detección do bosón de Higgs, reforzando a presenza científica galega no CERN
USC
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
LICEO-620X50

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da USC e a Xunta de Galicia, acaba de incorporarse oficialmente ao experimento CMS (Compact Muon Solenoid) do CERN, unha das principais colaboracións dentro da Organización Europea para a Investigación Nuclear. O CMS, xunto ao experimento ATLAS, foi o responsable de observar en 2012 o bosón de Higgs, un dos maiores fitos da física de partículas nas últimas décadas.

A portavoz de CMS, Anadi Canepa, comunicou a decisión ao director do IGFAE, Carlos A. Salgado, logo de ser aprobada polo equipo de goberno do experimento nas pasadas semanas. Deste xeito péchase un proceso iniciado na primavera de 2025, que incluíu unha visita de varias responsables de CMS a Santiago de Compostela en novembro, entre elas Anadi Canepa, para coñecer de preto as novas instalacións do IGFAE e súas as capacidades científicas e técnicas.

O equipo do IGFAE en CMS estará liderado polo investigador Xabier Cid Vidal, tamén profesor titular na USC. “A incorporación do IGFAE a CMS supón un fito para Galicia, xa que se trata dunha das maiores colaboracións científicas do mundo”, destaca. “É un experimento de propósito xeral, que ten asegurada a súa toma de datos ata a década de 2040, o cal garante a permanencia do IGFAE no LHC para as futuras xeracións de físicos e físicas”, engade Xabier Cid. A incorporación a CMS permitirá tamén o reforzo do equipo do IGFAE, abrindo novas e prometedoras oportunidades ao persoal egresado do Instituto, mais tamén para a captación de talento externo que estea traballando en CMS desde outras institucións.

O equipo do IGFAE en CMS estará liderado polo investigador Xabier Cid Vidal
O equipo do IGFAE en CMS estará liderado polo investigador Xabier Cid Vidal
USC

No ámbito científico, o IGFAE contribuirá a CMS na procura das coñecidas como ‘partículas de vida longa’ (LLPs, polas iniciais en inglés de ‘long) e a detección de partículas de sectores escuros, así como na contribución da física de sabores estraños (strange-flavour physics). Tamén achegará a súa bagaxe teórica en estudos de fenomenoloxía e estratexias de análise.

A entrada do Instituto en CMS aséntase na longa experiencia que o IGFAE atesoura nos mencionados ámbitos de traballo, logo de décadas participando no experimento LHCb, outra das principais colaboracións do CERN, onde o Instituto lidera a representación española.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina