Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago abre o prazo para os obradoiros de verán nas escolas infantís municipais

O Concello de Santiago de Compostela oferta 45 prazas en Conxo, Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños para favorecer a conciliación familiar

O proceso de admisión para o curso 2026-2027 nas escolas infantís municipais do Concello de Santiago de Compostela inclúe renovacións, traslados e novo ingreso
Os obradoiros desenvolveranse en centros municipais de Santiago de Compostela durante xullo e agosto, dirixidos a crianzas de entre 3 e 8 anos
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A Xunta de Goberno vén de aprobar o procedemento e as datas de renovación, admisión e matrícula nos obradoiros das Escolas Infantís Municipais (EIM) de Conxo, das Fontiñas e de Meixonfrío- Salgueiriños. Co obxectivo axudar ás familias a conciliar a vida familiar, laboral e persoal, o Concello ofrece 45 prazas (15 en cada escola) dirixidas a nenas e nenos do segundo ciclo de Educación Infantil e Primeiro ciclo de Primaria.

Os obradoiros de verán desenvólvense nos meses de xullo e agosto, todos os días agás sábados, domingos e festivos. O horario da actividade é de 10.00 a 14.00 horas, coa posibilidade de solicitar servizo de almorzo, de comedor e horas a maiores.

Prazos de solicitude

Este mércores, 9 de abril, abre o prazo de presentación de solicitudes do procedemento de reserva de prazas para as nenas e nenos que están matriculados neste curso escolar 2025-2026, así como os fillos e fillas das persoas traballadoras das EIM. Poderán presentar a solicitude ata o 15 de abril.

O 20 de abril publicaranse as prazas vacantes e o prazo de presentación de solicitudes de novo ingreso estará aberto do 27 de abril ao 4 de maio. Finalmente, a listaxe de admitidos nos obradoiros de verán publicarase o 20 de maio e o período de confirmación de praza será do 21 ao 27 maio.

As actividades están dirixidas a nenos e nenas empadroados no Concello de Santiago ou que cursen os seus estudos en centros de educación infantil e primaria desta cidade, con idades comprendidas entre os 3 e os 8 anos (2º ciclo de educación infantil e 1º e 2º de educación primaria).

Obradoiros para o curso 2026/2027

Durante o curso escolar, as Escolas Infantís Municipais desenvolven obradoiros tanto durante o período lectivo (de setembro a xuño) coma nas vacacións: Nadal, Entroido, Semana Santa, últimos días de xuño e primeiros días de setembro. Igualmente ofrécense 15 prazas en cada escola, 45 en total. A temática das actividades inclúe arte, ciencia, cociñas do mundo, manualidades e  xogos populares.

O prazo de solicitude para os obradoiros do curso 2026/2027 é o mesmo que o dos obradoiros de verán 2026.

As solicitudes presentaranse por medios electrónicos ou de xeito presencial, solicitando cita previa, no Rexistro xeral do Concello de Santiago (rúa Presidente Salvador Allende 4, Galeras) ou mediante calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620