Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Investigadores da USC alertan do impacto das 'paper mills' na credibilidade científica

Un artigo publicado en British Medical Journal propón o uso da intelixencia artificial para detectar artigos fraudulentos 

Os investigadores da Universidade de Santiago de Compostela advirten de que as fábricas de artigos científicos supoñen unha ameaza para a integridade da investigación
Os investigadores da Universidade de Santiago de Compostela advirten de que as fábricas de artigos científicos supoñen unha ameaza para a integridade da investigación
Idis
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Os paper mills, tamén denominados fábricas de artigos, son unha ameaza crecente para a credibilidade científica. Miles de investigadores acudiron aos servizos destas empresas fraudulentas para comprar a autoría de artigos en revistas indexadas. Como consecuencia, milleiros de artigos foron retractados ata ata hoxe e se estima que un número moi alto seguen sen detectarse. Con todo, descoñécese a cantidade real de artigos publicados procedentes de paper mills. 

Agora, os profesores da USC Alberto Ruano Raviña e Cristina Candal Pedreira reflexionan nun texto editorial titulado ‘AI for detecting paper mill papers’, publicado en 'British Medical Journal', unha das revistas máis prestixiosas no ámbito biomédico, sobre a posible detección destes artigos fraudulentos a través de técnicas de intelixencia artificial. Esta peza editorial continúa unha serie de publicacións destes investigadores arredor deste eido.

“As fábricas de artigos científicos representan unha ameaza sistémica para a integridade da investigación, contaminando a evidencia, influíndo nas citas e afectando potencialmente a toma de decisións clínicas”, explican. De acordo cos autores, “estas fábricas son empresas que xeran manuscritos deseñados para parecerse a artigos científicos lexítimos, recorrendo frecuentemente a datos e imaxes fabricados, manipulados ou duplicados. A autoría destes manuscritos véndese a autores e envíanse a revistas científicas para a súa publicación coma se fosen traballos académicos xenuínos”. 

Identificalos, todo un desafío

Os principais medios de comunicación e as revistas científicas líderes informan cada vez máis sobre a magnitude do problema e as súas implicacións para a confianza na ciencia. Con todo, a detección de artigos procedentes de fábricas de artigos científicos segue sendo un desafío por varias razóns. En primeiro lugar, sinalan os autores, estes artigos atópanse dispersos en diversas revistas e xeralmente examínanse individualmente; en segundo lugar, a revisión posterior á publicación (é dicir, a avaliación da investigación publicada por lectores e expertos independentes fóra do proceso formal de revisión por pares) depende dun número relativamente pequeno de investigadores especializados; en terceiro lugar, algunhas revistas poden carecer de recursos para recoñecer a contaminación a grande escala; e, finalmente, moitos investigadores seguen sen ser conscientes deste problema.

Os autores indican que, alén da necesidade de desenvolver novas técnicas de detección de artigos fraudulentos, é necesaria unha maior implicación das institucións financiadoras de investigación e dos organismos científicos, na prevención e educación dos investigadores, e sanción cando corresponda, ante prácticas científicas pouco éticas.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620