Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Compostela e Padrón reforzan a súa irmandade no Día de Santiago

A alcaldesa Goretti Sanmartín chama a afrontar retos comúns como a vivenda, a mobilidade e o turismo sustentable

Representantes dos concellos de Santiago de Compostela e Padrón participaron no tradicional intercambio institucional e nos actos do Día de Santiago
Representantes dos concellos de Santiago de Compostela e Padrón participaron no tradicional intercambio institucional e nos actos do Día de Santiago
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Como cada luns de Pascua, hoxe celebrouse o Día de Santiago en Padrón. A Corporación Municipal, encabezada pola alcaldesa, Goretti Sanmartín, desprazouse á vila veciña para celebrar esta xornada, que serve para que Compostela e Padrón reforcen os seus lazos de irmandade.

Como vén sendo tradición, a delegación compostelá foi recibida na Casa do Concello padronés e, tras o intercambio de bastóns de mando e pendóns, o alcalde de Padrón e a alcaldesa de Santiago pronunciaron unhas palabras no salón de plenos.

Na súa intervención, a rexedora compostelá puxo de relevo os “retos en común” en que teñen Santiago e Padrón, entre os que mencionou o turismo sustentable, a vivenda e a mobilidade. Neste sentido, apuntou que Padrón se promociona como capital do ciclismo galego e Santiago propón un novo modelo de mobilidade urbana, con proxectos como o conector central. Así mesmo, Sanmartín chamou a desenvolver unha política do diálogo, sen descualificacións.

Durante o acto, o Concello de Padrón agasallou ao de Santiago cunha copia 'Libro da Pascua de Padrón' ilustrado por primeira vez por unha muller, Ángela Ríos, e do libro ‘Palmeiras, piueiros’ de Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro.

Ao término do acto, as dúas corporacións e a veciñanza puideron escoitar as actuacións das bandas municipais de Santiago e de Padrón.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620