Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A Igrexa da Universidade acolle a final do Certame musical da USC na Primavera Cultural

O Tradi-Fest completará en Santiago de Compostela unha programación que combina talento emerxente e tradición musical

O Xardín das pedras que falan será escenario do Tradi-Fest, un festival de acceso libre que promove a música e a danza tradicional no marco da Primavera Cultural da USC
O Xardín das pedras que falan será escenario do Tradi-Fest, un festival de acceso libre que promove a música e a danza tradicional no marco da Primavera Cultural da USC
Santi Alvite
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Tras pasar a Semana Santa, a USC recuperará a súa programación coa nova edición de Primavera Cultural, que inclúe concertos, formación e propostas arredor da música e da tradición. Un dos platos fortes que chegan será a final da terceira edición do Certame de grupos musicais da USC, que terá lugar o 8 de abril ás 21.00 horas na Igrexa da Universidade. Sobre o escenario actuarán as tres propostas finalistas, Xalundes, Malezza e Fuego Lolita, nun concurso que busca dar visibilidade ao talento musical emerxente da comunidade universitaria.

A programación completarase coa celebración en Santiago da quinta edición do Tradi-Fest, que terá lugar no Xardín das pedras que falan. O festival, de acceso libre e gratuíto, busca fomentar o diálogo cultural a través da música e da danza tradicional dos territorios atlánticos.

Baixo a dirección de Juan Carlos Zaheram, o evento contará coa participación do Espazo de Danza Tradicional da USC, coordinado por Hadrián García, e do Espazo de Pandeiretas, coordinado por Leticia López. O programa inclúe pezas como a Regueifa de Negreira de Vilamaior, a Rumba de Bazar, a Muiñeira de Silván, a Pandeiretada en Liñares, o Pateado da Noia, o Maneo de Silván, a Foliada en Bembibre e o Pasodobre da Peregrina.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620