Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O Museo do Pobo Galego organiza un obradoiro infantil arredor do entroido e a danza

A actividade 'Petís a Voltas. Entroidanzas' achegará ás familias ás tradicións festivas de diferentes culturas a través do baile e o xogo o venres 10 de abril

Exterior do Museo do Pobo Galego
O Museo do Pobo Galego acolle unha proposta participativa para crianzas que combina música, movemento e divulgación
Turismo de Galicia
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Museo do Pobo Galego acollerá o vindeiro venres 10 de abril, ás 18.00 horas, a actividade 'Petís a Voltas. Entroidanzas', un obradoiro dirixido a crianzas de entre 5 e 11 anos acompañadas de persoas adultas.

A proposta convida ás familias a realizar unha viaxe lúdica arredor das tradicións do entroido en diferentes partes do mundo. Ao longo da sesión, as persoas participantes poderán bailar cos folións en Ourense, transformarse en corcovados italianos, cruzar o mar para converterse en demos en Lima ou experimentar cos movementos dos paraugas do Frevo no Brasil. Xogos, música e risas artellarán esta actividade, que se desenvolve no mes da danza.

O obxectivo da iniciativa é achegarse de maneira participativa aos contidos da exposición temporal 'MASKS. Alas y Viento Collection. Nacho Rovira II', que pode visitarse no museo ata finais de abril.

A actividade estará conducida por Montserrat Rivera, bailadora, pandeireteira, mestra e investigadora con máis de tres décadas de traxectoria como integrante do grupo de cantareiras Leilía.

Para participar no obradoiro é preciso realizar inscrición previa a través do correo electrónico habilitado polo museo.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620