Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A USC convoca o I Premio Lucía Iglesias da Cunha de Educación Ambiental

O galardón, impulsado polo grupo SEPA-Interea da Universidade de Santiago de Compostela, recoñecerá artigos científicos sobre sustentabilidade publicados en 2025

O premio, de carácter internacional e cunha dotación de 1.500 euros, busca fomentar a investigación e a praxe pedagóxica en Educación Ambiental en homenaxe a Lucía Iglesias da Cunha
O premio, de carácter internacional e cunha dotación de 1.500 euros, busca fomentar a investigación e a praxe pedagóxica en Educación Ambiental en homenaxe a Lucía Iglesias da Cunha
USC
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental da USC (SEPA-Interea), en colaboración coa Sociedade Iberoamericana de Pedagoxía Social, convoca o I Premio Lucía Iglesias da Cunha, co obxectivo de recoñecer e difundir traballos de calidade no ámbito da Educación Ambiental e para a sustentabilidade. O prazo para remitir artigos remata o 15 de maio.

Tendo en conta as importantes contribucións da profesora de Educación Ambiental da Facultade de Ciencias da Educación da USC Lucía Iglesias da Cunha á investigación e á praxe pedagóxica no campo da Educación Ambiental en relación coa crise socio-ambiental que está a condicionar o devir da humanidade contemporánea, a finalidade deste premio é recoñecer e fomentar a difusión de traballos pedagóxicos que contribúan a afondar nos fundamentos e na praxe deste campo, dende a investigación académica ata o seu exercicio práctico en todos os seus espazos de actuación.

O premio, cunha dotación de 1.500 euros, convócase con carácter anual e será de ámbito internacional. Poden concorrer a el todos aqueles artigos vinculados ao campo da Educación Ambiental que foran publicados en galego, castelán, éuscaro, catalán ou portugués, en revistas científicas editadas en acceso aberto no transcurso do ano 2025, ben de autoría única ou ben de multiautoría.

O xurado estará constituído polo Coordinador ou Coordinadora do Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental da USC ou integrante do grupo en quen delegue, e outras tres persoas de prestixio recoñecido no campo da Educación Ambiental e para a sostenibilidade.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620