A USC acolle unha semana de actividades pola visibilidade trans impulsada por Atreve-T
Charlas, cinefórum e mesas informativas marcarán a programación arredor do Día da Visibilidade Trans en Santiago de Compostela

Mañá martes 31 de marzo é o Día da Visibilidade Trans, que pretende visibilizar e denunciar públicamente a discriminación que sofren as persoas trans de todo o mundo. Por este motivo, a asociación de estudantes trans Atreve-T organiza dende o 6 ao 9 de abril unha semana de actividades financiadas pola Vicerreitoría de estudantes e cultura da USC.
A xornada comezará cunha palestra o luns en Filoloxía sobre linguaxe neutra a cargo de Helio Miramontes e o martes outra en Psicoloxía sobre saúde mental coa psicóloga e sexóloga Penélope Alonso Vázquez.
O programa complétase cun cinefórum e a proxección do filme ‘I Saw the TV glow’, mesas informativas nos campus Sur e Norte e, de peche o xoves, unha mesa redonda con relatos en primeira persoa na Facultade de Ciencias Políticas.









