Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Presentan en Numax a obra final do proxecto memorialístico de Xosé María Álvarez Cáccamo

‘Árbore arriba. Memoria das orixes’ narra a historia familiar do autor a través de oito xeracións e fotografías dos seus devanceiros

A presentación terá lugar mañá ás 19.00 horas na libraría Numax, coa presenza do autor e do editor Henrique Alvarellos
A presentación terá lugar mañá ás 19.00 horas na libraría Numax, coa presenza do autor e do editor Henrique Alvarellos
Numax
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A libraría Numax acolle hoxe ás 19.00 horas a presentación do libro 'Árbore arriba. Memoria das orixes' de Xosé María Álvarez Cáccamo, autor que estará acompañado polo editor Henrique Alvarellos. Esta obra completa e culmina o proxecto persoal do autor: a narración da súa memoria familiar. 

Polo tronco principal da súa estirpe ascende o autor ata as pólas dos seus oito bisavós e bisavoas e, de xeración en xeración, vai tecendo o relato das singulares peripecias vitais dos devanceiros apelidados Cáccamo, Ambrosino, Frieben, Zimmmermann, Blázquez, Ballester, Álvarez e Limeses, a carón das fotografías que os identifican.

Xosé María Álvarez Cáccamo é autor dunha extensa e significativa obra poética, mais tamén de narrativa, literatura infantil e xuvenil ou ensaio. Dentro da súa traxectoria narrativa cómpre destacar o seu proxecto memorialístico, que iniciou en 2006 con 'Memoria de poeta', continuou en 2008 con 'Tempo do pai' e pon agora o ramo con esta 'Árbore arriba. Memoria das orixes'.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620