Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

'Antifémina. Colita' chega a Santiago coa forza dun clásico feminista que segue interpelando ao presente

O Auditorio de Galicia acolle por primeira vez en formato expositivo este proxecto de 1977 de Colita e María Aurèlia Capmany, unha obra clave da memoria visual feminista que reúne máis de 130 imaxes

A exposición terá lugar na Sala Isaac Díaz Pardo, onde se revisará a representación da muller a través dunha proposta crítica, política e de gran valor documental
A exposición terá lugar na Sala Isaac Díaz Pardo, onde se revisará a representación da muller a través dunha proposta crítica, política e de gran valor documental
Archivo Colita Fotografía
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O Auditorio de Galicia acolle desde este mércores 25 de marzo a exposición 'Antifémina. Colita', un proxecto que trae por primeira vez a Galicia en formato expositivo o emblemático libro que a fotógrafa Isabel Steva, coñecida artisticamente como Colita, realizou xunto á escritora Maria Aurèlia Capmany nos anos finais da ditadura.

A inauguración da mostra foi presentada este mércores en rolda de prensa pola concelleira de Capital Cultural, Turismo, Educación e Memoria Histórica, Míriam Louzao, e polo comisario da exposición e director do Archivo Colita Fotografía, Francesc Polop, que puxeron o acento na vixencia dun traballo que cuestiona con contundencia os estereotipos de xénero e reivindica a memoria das mulleres.

A proposta expositiva recupera un volume publicado en 1977 e retirado pouco despois da súa circulación por considerarse incómodo para o contexto social da época, converténdose co tempo nunha obra de referencia do feminismo visual na Transición. Case medio século despois, este material preséntase como un relato visual de gran forza política e documental.

A dicir de Louzao, “a mostra leva ás paredes sa Sala Isaac Díaz Pardo ollares e corpos diversos que constrúen un imaxinario visual sobre a muller ben máis amplo do habitual. Cunha ollada crítica e profundamente humana, as autoras captan mulleres e escenarios que rachan co considerado feminino e que conforman ese universo de Antifémina”. Para a Concelleira, “Antifémina non é só unha recuperación histórica ou un exercicio de memoria, senón que é unha oportunidade para reler a obra de Colita e a de María Aurelia Capmany desde o presente e para entender a súa dimensión artística pero tamén o valor político e social dunha proposta que, cincuenta anos despois da súa creación, pois segue plenamente vixente”.

Francesc Polop puxo tamén o aceno na radical actualidade dunha mostra que “formula unha serie de cuestións aínda abertas en relación co mundo da muller, coas súas liberdades, cos seus obxectivos, coas súas carencias e coas súas violencias”. Ao tempo, salientou a ollada fondamente humanista de Colita, quen “fotografaba as mulleres de maneira espontánea e que, sempre que as miraba, as recoñecía e establecía con elas esa sororidade que daquela non formaba aínda parte do noso vocabulario”.

Coproducida por La Fábrica e o Círculo de Bellas Artes e comisariada por Francesc Polop, a exposición reúne máis de 130 imaxes organizadas en diferentes ámbitos que abordan, cun ton crítico e didáctico, a construción social da feminidade convencional: a muller submisa, perfecta casada, pasiva e sacrificada. A través das súas imaxes, Colita retrata cuestións como a vellez, o traballo, a relixión, a prostitución, a cousificación ou a marxinación ás que se vían sometidas as mulleres. 

A mostra poderá visitarse na Sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia até o 1 de agosto, con acceso libre e de balde, de luns a domingo en horario de mañá e tarde. O proxecto complétase cun programa de mediación que inclúe visitas guiadas e actividades destinadas a diferentes públicos.

Visitas guiadas

O Auditorio de Galicia organiza un programa de visitas guiadas gratuítas entre marzo e xuño, con sesións os xoves e venres ás 19.00 horas e os sábados ás 12.00 horas. As primeiras celebraranse os días 27 e 28 de marzo, coincidindo coa apertura da exposición. Para participar é necesario inscribirse previamente a través do formulario habilitado na web de Compostela Cultura, seleccionando o día e a hora desexados. A inscrición é de balde e o prazo para anotarse pecha ás 14.00 horas do día anterior a cada visita. Dirixidas a público individual, grupos e centros de ensino, ofrecen un achegamento comentado ás claves históricas, sociais e creativas da exposición.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620