Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago recibe ao alumnado Erasmus do IES Lamas de Abade no Pazo de Raxoi

A alcaldesa Goretti Sanmartín presidiu a recepción institucional aos estudantes procedentes de Martinica e Sicilia, acompañada por membros da Corporación Municipal

Recepción institucional no Pazo de Raxoi ao alumnado participante no programa Erasmus que visita Santiago esta semana
Recepción institucional no Pazo de Raxoi ao alumnado participante no programa Erasmus que visita Santiago esta semana
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A alcaldesa de Goretti Sanmartín foi a encargada de presidir na mañá deste mércores a recepción institucional ao alumnado, procedente de Martinica e Sicilia, participante no programa Erasmus co IES Lamas de Abade, que durante esta semana se atopa de visita na cidade.

O acto tivo lugar no Pazo de Raxoi, sede do Concello, onde os estudantes foron recibidos nun encontro que contou tamén coa presenza de distintos representantes dos grupos que integran a Corporación Municipal.

Esta recepción enmárcase nas actividades institucionais de acollida ás delegacións educativas internacionais que participan en programas de intercambio, favorecendo o coñecemento da cidade e o contacto directo coas institucións locais.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620