Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago adxudica o mantemento de preto de cen áreas de xogo infantís por 1,2 millóns ata 2029

O contrato inclúe inspeccións periódicas, actualización do inventario e actuacións preventivas en parques e zonas biosaudables de toda a cidade

O servizo abrangue máis de 23.000 metros cadrados de áreas infantís e 27 espazos biosaudables
O servizo abrangue máis de 23.000 metros cadrados de áreas infantís e 27 espazos biosaudables
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O goberno local adxudica o contrato do servizo de conservación e mantemento integral das áreas de xogo infantís do Concello de Santiago. En concreto, trátase de máis de 23.000 metros cadrados de parques infantís distribuídas en preto dun cento de parques infantís, aos que se suman as 27 áreas de biosaudables: Vidán, Santa Lucía, San Xoán, Salgueiriños, Roxos, Rial-Laraño, Praza de Vigo, Praza da Constitución, Pontepereda, Parque Xixón, Pablo Iglesias, Outeiro de Sar, Mourentán, Granxa do Xesto (circuíto), Eugenio Granell, Cotaredo, Choupana, Carlomagno,  Carballal, Belvís, As Cancelas, Angrois, Almáciga, Alexandre Bóveda, Agros de Ramírez, A Gracia e Alameda.

Este contrato, que permitirá ademais actualizar a cartografía e o inventario dos parques, inclúe tamén un plan de inspeccións dos parques infantís. Semanalmente, desenvolveranse traballos de inspección de rutina para detectar posibles anomalías e disfuncións. De forma mensual, como mínimo, realizarase un exame detallado das áreas de traballo e os seus elementos para comprobar a funcionalidade e a estabilidade. E anualmente, levarase a cabo unha inspección principal por parte dunha entidade acreditada pola ENAC.

O Concello compromete un gasto por importe de 1.236.111,84 euros que entre 2026 e 2029. Para este ano, corresponde un investimento de 343.364,40 euros, mentres que para 2027 se establece unha partida de 412.037,28 euros, o mesmo que para 2028. Finalmente, en 2029 o orzamento é de 68.672,88 euros.

Ademais de substitución de elementos, a adxudicataria efectuará un mantemento de rutina ou preventivo, con actuacións coma o axuste de pezas de unión, revisión de cadeas e asentos, retirada de elementos perigosos, mantemento de superficies amortecedoras, nivelación dos chans amortecedores ou limpeza de pintadas, entre outras cuestións.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620