O Museo do Pobo Galego acolle a xornada ‘Máscaras: creación e diálogo’ o 28 de marzo
A actividade, vinculada á exposición ‘MASKS. Alas y Viento Collection. Nacho Rovira II’, contará con intervencións de especialistas da USC e da Universidade de Valladolid e un recital

O Museo do Pobo Galego será, o día 28 ás 11.00 horas, o escenario para a xornada 'Máscaras: creación e diálogo' que xirará arredor da cultura da máscara contando con intervencións da man de Elena Freira e Marta Veiga, ambas da USC, e Mª Pilar Panero, da Universidad de Valladolid e proxecto MASKS.
Esta xornada vai en relación coa exposición ‘MASKS. Alas y Viento Collection. Nacho Rovira II’, que está aberta para a súa visita neste museo ata o 24 de abril. Nela amósase un conxunto de máscaras procedentes de corenta países, ofrecendo así unha visión amplia e diversa de estas expresións culturais.
Ademais, ese mesmo día ás 13.00 horas terá lugar un recital de Luis Antonio Pedraza chamado 'De man a man', que entra tamén como parte da programación desta exposicón. A entrada será libre ata completar aforo.
Para aqueles que estean interesados nunha visita guiada á mostra, a primeira terá lugar o venres 27 de marzo ás 16.30 horas e será precisa unha inscrición previa no correo deac@museodopobo.gal.












