Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

SÉS pecha en Santiago a xira de 'Nadando na Incerteza' cun concerto no Auditorio de Galicia

A artista presenta o seu último traballo dentro do ciclo Fiestra Aberta cun directo centrado na esencia da canción e a proximidade co público

O concerto de SÉS en Compostela supón o peche da xira do seu último disco e reunirá en directo novos temas xunto a cancións destacadas da súa traxectoria
O concerto de SÉS en Compostela supón o peche da xira do seu último disco e reunirá en directo novos temas xunto a cancións destacadas da súa traxectoria
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A cantora e compositora SÉS volve a Compostela o vindeiro sábado 21 de marzo, ás 20.00 horas, para ofrecer no Auditorio de Galicia o último concerto da xira de presentación do seu novo traballo discográfico, 'Nadando na Incerteza'.

Neste espectáculo, que se emarca dentro do ciclo musical Fiestra Aberta, a artista coruñesa de orixe bergantiñá ofrece un directo que afonda na esencia da súa proposta musical, situando a canción no centro absoluto. Sen artificios nin sobreproducións, a proposta convértese nun exercicio de artesanía sonora no que a palabra e a melodía funcionan como os piares fundamentais dun repertorio concibido para sosterse por si mesmo.

Publicado a finais de 2025, 'Nadando na Incerteza' reúne trece cancións orixinais e marca unha nova etapa na traxectoria dunha das voces máis recoñecibles da música galega contemporánea. O disco caracterízase pola tendencia á sinxeleza instrumental, por voces que respiran con peso e por composicións nas que a honestidade expresiva e o compromiso coa canción como forma esencial de comunicación artística definen o seu ton.

A xira coa que SÉS presentou este traballo en diferentes cidades galegas confirma o lugar da artista como unha das grandes cancionistas do país, capaz de combinar forza escénica, emoción e palabra nun diálogo directo co público. O concerto en Compostela permitirá escoitar en directo os novos temas xunto con algunhas das cancións que conforman xa o seu universo musical.

Sobre o escenario, SÉS estará acompañada por unha banda formada por Sabela Galbán (acordeón, frauta, percusións e voz), Hirahi Afonso (timple canario e guitarra), Tito Calviño (guitarra) e Mayfer Pinto (percusións), nun formato que potencia a proximidade e a intensidade interpretativa das súas cancións.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620