Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A USC reúne en Santiago a 300 estudantes no Unistem Day para achegar a investigación en células nai

O CiMUS organiza na Facultade de Psicoloxía a principal xornada internacional de divulgación sobre terapia celular para espertar vocacións científicas

O encontro inclúe charlas e actividades interactivas para alumnado de secundaria e bacharelato co obxectivo de fomentar o interese pola investigación
O encontro inclúe charlas e actividades interactivas para alumnado de secundaria e bacharelato co obxectivo de fomentar o interese pola investigación
Santi Alvite
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O Grupo de Neurobioloxía Celular e Molecular da Enfermidade de Parkinson do Centro de Investigacións en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da USC, liderado polo catedrático José Luis Labandeira, desenvolveu este venres na Facultade de Psicoloxía a xornada Unistem Day 2026, o evento internacional máis importante de divulgación sobre células nai e terapia celular, promovido pola Università degli Studi di Milano.

O obxectivo deste encontro, que alcanza a súa maioría de idade, é achegar a ciencia a mozos e mozas de maneira amena. Baixo o lema ‘A viaxe interminable sobre investigación en células nai’, busca espertar o interese pola carreira investigadora e a vocación científica en estudantes de secundaria e bacharelato.

Así, a USC reuniu preto de 300 estudantes e profesorado procedentes dos centros educativos Colexio Compañía de María, IES Rosalía de Castro, Colexio M. Peleteiro, IES Arcebispo Xelmírez I, IES Arcebispo Xelmírez II, IES Pontepedriña, IES do Milladoiro e IES Lamas de Abade.

A inauguración contou coa participación do reitor Antonio López; do decano da Facultade de Psicoloxía, Arturo Xosé Pereiro; e do director adxunto do CiMUS, José Luis Labandeira.

Espertar vocacións científicas

“Ao longo destes 18 años, Unistem Day consolidouse como o maior evento internacional de divulgación científica dedicado ás células nai, achegando a ciencia a máis de medio millón de estudantes. Unha iniciativa de grande impacto real que contribúe a espertar vocacións científicas e a mostrar ás novas xeracións como a investigación se transforma en coñecemento útil para a sociedade”, explican os investigadores do CiMUS Juan Parga, Jannette Rodrígueze e Ana Rodríguez, responsables da organización do evento na USC.

Unistem Day 2026 inclúe charlas impartidas por docentes e persoal investigador da USC sobre a enfermidade do Parkinson, de células a órganos, o que as células nai ensinan sobre a plasticidade cerebral ou os mitos arredor das células nai. Ademais, hai xogos interactivos grazas á colaboración de CASIO División Educativa, Principia e o CiMUS da USC.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620