Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Fonseca acolle unha mostra sobre o papel das mulleres no comercio galego dos séculos XIX e XX

A exposición da Cátedra Juana de Vega reivindica en Santiago a contribución feminina á economía e á vida social a través de materiais históricos e unha mirada contemporánea

De esquerda a dereita, Luisa Muñoz, Pilar Murias, Enrique Sáez e Marta Alija
De esquerda a dereita, Luisa Muñoz, Pilar Murias, Enrique Sáez e Marta Alija
Santi Alvite
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A Cátedra Juana de Vega da USC e da Fundación Juan de Vega inaugurou este mércores no claustro alto do Colexio de Fonseca a exposición ‘Mulleres e comercio na Galicia, séculos XIX e XX’, que reivindica o legado das mulleres como motor económico e social. A través de paneis, fotografías históricas, documentos de arquivo, materiais sonoros e referencias literarias ofrece unha ampla visión do papel feminino no comercio tradicional.

Na apertura participaron a vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias; a directora da Cátedra e comisaria da mostra, Luisa Muñoz, e o presidente da Fundación, Enrique Sáez, ademais de parte do equipo de investigación, no que destaca a documentalista autora dos textos, Marta Alija.

O proxecto rescata a memoria das mulleres que, durante xeracións, sostiveron o abastecemento e o pulso económico das vilas e cidades galegas. O percorrido da mostra integra o traballo das vendedoras que aseguraban cada día o abastecemento urbano desde os mercados de abastos e prazas públicas; o dinamismo das vendedoras ambulantes e dos postos fixos que configuraron a paisaxe comercial das rúas; a vitalidade das feiras como grandes espazos de intercambio económico, socialización e tradición; e o avance das mulleres como titulares de negocios urbanos nun contexto no que o seu labor quedou con frecuencia invisibilizado. 

Tal como sinala Luisa Muñoz Abeledo, comisaria da mostra e directora da Cátedra Juana de Vega, “esta exposición é un exercicio de xustiza histórica e unha oportunidade para recoñecer o traballo das mulleres que sustentaron, de forma silenciosa pero decisiva, a vida comercial e comunitaria do país”. Un recoñecemento que conecta directamente co legado de Juana de Vega, muller ilustrada que dedicou a súa vida ao progreso social, á formación e á creación de oportunidades, especialmente para aqueles colectivos —como as mulleres do rural— con menos voz na historia oficial.

A mostra, que pode visitarse ata o 30 de abril, inscríbese na liña estratéxica da Cátedra Juana de Vega para fortalecer o coñecemento da realidade social galega, promover a igualdade de oportunidades no medio rural e urbano, e fomentar unha economía sostible baseada no territorio, principios profundamente vinculados coa figura de Juana de Vega.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620