Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

María Rozas visita en Cabo Verde proxectos de agricultura sostible impulsados polo Fondo Galego de Cooperación

A tenenta de alcaldesa coñece iniciativas de regadío en Tarrafal e São Miguel orientadas a mellorar a seguridade alimentaria, o emprego e a adaptación ao cambio climático

Os proxectos promovidos polo Fondo Galego de Cooperación en Cabo Verde teñen sistemas de rego por goteo e accións formativas
Os proxectos promovidos polo Fondo Galego de Cooperación en Cabo Verde teñen sistemas de rego por goteo e accións formativas
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A concelleira María Rozas vén de coñecer os proxectos de agricultura sostible que o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está desenvolvendo nos municipios caboverdianos de Tarrafal e São Miguel, no marco da visita ao país africano para participar no II Encontro Internacional de Mulleres Electas “As Elixidas”. A tenenta de alcaldesa, como vogal do Fondo, percorreu as dúas localidades xunto co presidente do organismo e alcalde de Nigrán, Juan González, e a secretaria e concelleira de San Sadurniño, María Muíño.

Garantir a seguridade alimentaria, xerar emprego e protexer o medio ambiente son os principais obxectivos dos proxectos de rego por goteo que o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está a desenvolver nos municipios caboverdianos de Tarrafal e São Miguel, co apoio do Concello de Nigrán e da Axencia Española de Cooperación Internacional ao Desenvolvemento.

No municipio de Tarrafal, en concreto na localidade de Fontão, está a rematar a construción do pozo que alimentará un sistema de regadío do que poderán beneficiarse un cento de agricultoras, a maior parte cabezas de familias vulnerables que anteriormente se dedicaban á actividade, agora prohibida, de extraer area das praias. Na comunidade de Fazenda, o obxectivo prioritario é substituír o vello xerador para bombear a auga cara o depósito situado no cumio dun outeiro, do que partirán as tubaxes perforadas que permitirán regar por gravidade os campos de 26 familias. Por outra parte, no municipio de São Miguel estase a potenciar o rego pinga a pinga en Ribeira de Flamengos, onde xa mellorou a produtividade en 11 hortas. O cambio climático está a prolongar as secas que padece toda a zona, de aí que sexa imprescindible optimizar os recursos hídricos.

A intervención leva aparelladas unha serie de accións formativas sobre mantemento dos sistemas, cooperativismo e manexo da terra, impartidas tanto por persoal municipal como anteriormente por traballadoras dos concellos de Brión e Nigrán, a través dos programas do Fondo de Cooperación Internacional.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620