Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Verea defende a senda ciclista Santiago–Milladoiro como un proxecto estratéxico para mellorar a mobilidade

O líder do PP compostelán asegura que a infraestrutura reforza a conexión entre ambos núcleos e aposta por unha cidade “máis moderna, accesible e pensada para as persoas”

Borja Verea reivindicou a senda ciclista entre Santiago de Compostela e O Milladoiro como unha actuación clave para mellorar a mobilidade
Borja Verea reivindicou a senda ciclista entre Santiago de Compostela e O Milladoiro como unha actuación clave para mellorar a mobilidade
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, reivindicou que a senda ciclista que conecta Santiago e Milladoiro foi unha aposta política clara e decidida pola transformación da cidade e pola mellora da mobilidade entre Santiago e a súa contorna. A senda ciclista Santiago–Milladoiro foi defendida e impulsada por Verea como un proxecto estratéxico para avanzar cara a unha cidade máis conectada e con máis alternativas de mobilidade.

“Estamos a falar dunha infraestrutura que mellora a mobilidade, que conecta espazos que forman parte da vida diaria dos cidadáns e que aposta por unha cidade máis moderna, máis accesible e máis pensada para as persoas”, sinalou.

Para o líder popular, esta conexión entre Santiago e o Milladoiro supón ademais un avance evidente na mellora da mobilidade e na integración da área urbana, facilitando desprazamentos máis seguros e sostibles entre dous núcleos que manteñen unha intensa relación diaria. “Permite desprazarse con seguridade, fomenta hábitos saudables e ofrece alternativas reais ao uso do coche”, explicou.

Neste sentido, Borja Verea advertiu de que Santiago non pode permitirse quedar atrapado nun modelo de cidade paralizada por debates permanentes e oposición sistemática a calquera iniciativa que supoña avanzar. “Cada vez que propoñemos unha actuación transformadora aparece unha cascada de críticas, alarmismo e intentos de frear o progreso da cidade”, lamentou.

Para o líder do Partido Popular de Santiago, a senda Santiago–Milladoiro demostra que Santiago necesita máis proxectos que conecten, melloren a mobilidade e modernicen os espazos públicos, e menos debates estériles que só buscan bloquear iniciativas.

O tamén deputado autonómico sinalou ademais que esta infraestrutura representa a diferenza entre dous modelos de cidade claramente distintos. “Mentres o Partido Popular ten un proxecto claro para Santiago, baseado en modernizar a cidade, mellorar a mobilidade e impulsar actuacións que transformen os espazos públicos, o goberno de BNG e Compostela Aberta leva anos demostrando xusto o contrario: falta de modelo, incapacidade para xestionar proxectos estratéxicos e unha permanente estratexia debloqueo ante calquera iniciativa que supoña avanzar”, afirmou.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620