Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago renova a tradición de colocar a bufanda vermella na escultura de Valle-Inclán na Alameda

O acto simbólico, organizado pola Fundación Eugenio Granell, rende homenaxe ao escritor cunha lectura pública de fragmentos da súa obra

A concelleira Míriam Louzao participou na colocación da bufanda vermella na escultura de Ramón María del Valle-Inclán
A concelleira Míriam Louzao participou na colocación da bufanda vermella na escultura de Ramón María del Valle-Inclán
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, asistiu esta mañá no paseo dos Leóns da Alameda ao acto simbólico de colocación dunha bufanda vermella na escultura de Ramón María del Valle-Inclán, organizado pola Fundación Eugenio Granell, en colaboración co Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal e o Foro Galicia e Valle-Inclán.

No acto participaron tamén outros membros da Corporación Municipal e representantes institucionais. Os asistentes leron distintos fragmentos da obra de Valle-Inclán extraídos de libros incluídos no folleto da Ruta Literaria Valle-Inclán editado por Turismo de Santiago de Compostela, e a continuación colocaron a bufanda na escultura do autor arousán sita na alameda compostelá.

Este acto, que a Fundación Eugenio Granell realiza dende o ano 2007, quere establecer unha conexión coa famosa colocación da bufanda branca na estatua de Valle-Inclán no paseo de Recoletos, en Madrid, o Día do Teatro. Neste caso conmemórase o regreso real e simbólico do escritor a Compostela e a Galicia, a súa terra de orixe.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620