Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago acolle este sábado a IV Celtic Cup de fútbol gaélico con récord de participación

O torneo internacional reunirá máis de 200 deportistas de equipos europeos nos campos da Merced de Conxo e Santa Isabel

A competición disputarase durante toda a xornada do sábado e reunirá cinco equipos femininos e oito masculinos no marco do circuíto internacional de fútbol gaélico
A competición disputarase durante toda a xornada do sábado e reunirá cinco equipos femininos e oito masculinos no marco do circuíto internacional de fútbol gaélico
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, celebrou que Santiago de Compostela acolla esta fin de semana a IV Celtic Cup, un torneo internacional de fútbol gaélico de primeiro nivel que reúne este sábado equipos nacionais de toda Europa e que este ano bate récord de participación.

O torneo forma parte do camiño de preparación cara as grandes competicións internacionais da tempada e reafirma o papel de Compostela e de Galicia como un dos territorios clave no desenvolvemento do fútbol gaélico en Europa.

A competición desenvolverase este sábado, 14 de marzo, en dúas localizacións: o campo de fútbol A Merced de Conxo —onde se utilizará unha parcela herba natural e unha céspede artificial— e o de Santa Isabel. Durante a mañá, os partidos xogaranse simultaneamente nestes dous espazos, para logo centralizar a competición pola tarde coas fases finais en Santa Isabel.

Un torneo consolidado no circuíto internacional

O responsable das seleccións galegas de fútbol gaélico, Alexandre Sanmartín, valora que a Celtic Cup é “un torneo xa consolidado dentro do circuíto internacional” que dá mostra da unión entre Galicia e Irlanda, así como da promoción da cultura galega e o deporte gaélico dentro de Galicia, cun incremento constante das licenzas.

Este ano a Celtic Cup conta con máis equipos participantes ca nunca: cinco equipos femininos e oito masculinos, 13 equipos en total que suman máis de 200 deportistas.

Na categoría feminina, enfróntanse os clubs Galicia A, Galicia B, Selección Gaélico Galego, Luxembourg e Round Towers. Na masculina xogan Galicia A, Galicia B, Luxembourg, St. Peters, St. Brendans, St. Pats , Erin Go Bragh e St. Judes.

Alexandre Sanmartín convida a todas as persoas a asistir este sábado ao evento e aproveitar esta "gran oportunidade para ver fútbol gaélico de nivel e para apoiar as nosas seleccións galegas”, que o próximo verán xogarán o Mundial de fútbol gaélico en Irlanda.

A Celtic Cup busca ser unha xornada de deporte, convivencia e conexión coa comunidade gaélica internacional en Compostela, para celebrar a riqueza da herdanza do fútbol gaélico e a súa crecente presenza global.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620