O proxecto ecoBosque impulsa unha exposición itinerante sobre os morcegos e o seu papel nos ecosistemas
A mostra 'Amor polos morcegos: Morcegos no ecoBosque' pode visitarse ata o 26 de marzo no CERSIA, en San Lázaro

O proxecto ecoBosque pon en marcha a exposición itinerante “Amor polos morcegos: Morcegos no ecoBosque”, unha iniciativa que tén como obxetivo achegar á cidadanía o coñecemento sobre estas especies, o seu papel nos ecosistemas e a importancia da súa conservación. A mostra pode visitarse ata o 26 de marzo no edificio CERSIA, en San Lázaro.
A exposición, en colaboración coa asociación Morcegos de Galicia, ofrece unha introdución divulgativa ao mundo dos morcegos presentes no territorio galego, abordando aspectos como a súa diversidade, os seus hábitos, a súa función ecolóxica e as principais ameazas ás que se enfrontan na actualidade. A través de paneis informativos e materiais divulgativos, a mostra convida a descubrir o papel fundamental que estes animais desempeñan nos ecosistemas, contribuíndo ao control de insectos e ao equilibrio natural, ademais de desmontar algúns dos mitos que tradicionalmente rodearon estas especies.










