Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A Facultade de Ciencias da Educación da USC celebra o patrón Frei Martín Sarmiento

A decana Mar Lorenzo destacou o papel do profesorado na formación de profesionais “garantes da equidade e da xustiza social”

O acto académico incluíu a lección maxistral da escritora e académica da RAG Fina Casalderrey e a entrega dos Premios Extraordinarios de Grao e Mestrado, así como dos Sarmientos de Honra
O acto académico incluíu a lección maxistral da escritora e académica da RAG Fina Casalderrey e a entrega dos Premios Extraordinarios de Grao e Mestrado, así como dos Sarmientos de Honra
Santi Alvite
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A decana da Facultade de Ciencias da Educación da USC, Mar Lorezo Moledo, destacou este luns, no acto académico de conmemoración do patrón do centro Frei Martín Sarmiento, a entrega e o compromiso das persoas docentes que dende esta Facultade da Universidade de Santiago de Compostela teñen como misión formar profesionais que serán “garantes da equidade e da xustiza social”

Nun acto presidido polo vicerreitor de Transformación dixital e Innovación, Gumersindo Feijoo, a decana puxo o foco en como dende este centro se fornece “un dos piares do noso sistema de benestar social: a educación”. O dereito á educación, a unha educación de calidade, engadiu, “é un dereito fundamental e básico, porque é indispensable para que as persoas poidan exercer e desfrutar do resto de dereitos que se lles recoñecen”.

Tamén interviñeron no acto a vicedecana María López Sández, e o secretario Jesús García Álvarez. A lección maxistral correu a cargo da escritora, mestra e académica da RAG, Fina Casalderrey, baixo o título 'A pegada do camiño ensinando. Educar coa palabra: escola, lingua e literatura para a vida'.

“Máis xusta, máis consciente, máis atenta aos coidados”

Celebrar hoxe esta xornada, salientou Mar Lorenzo, é tamén “reivindicar unha maneira de entender a universidade: máis xusta, máis consciente, máis atenta aos coidados, ao traballo compartido e ás desigualdades que aínda cómpre nomear e combater”. Nese horizonte, a educación segue a ser “unha das ferramentas máis fondas de transformación”, dixo.

A decana tivo palabras moi especiais para o estudantado, “a razón de ser da institución universitaria”. Para Mar Lorenzo, a preocupación por ofrecer unha formación de calidade debe ser “o obxectivo compartido por todas as persoas que conformamos a vida universitaria”. Unha formación, explicou, que “debe ir máis alá das nosas aulas, permitindo que a sociedade civil comparta con nós tal cometido. Por iso, debemos afanarnos por alentar proxectos que permitan o diálogo bidireccional constante coa comunidade, fomentando unha maior presenza de profesionais da educación no noso proxecto formativo, favorecendo o desenvolvemento de metodoloxías activas, a apertura das nosas accións de formación e investigación á contorna e situando o Prácticum e as prácticas de campo no eixo destas accións”.

Entrega de galardóns

No transcurso da sesión, procedeuse á entrega de diplomas dos Premios Extraordinarios de Grao e Mestrado do curso académico 2024/2025 e ao recoñecemento dos Premios de Doutoramento do curso académico 2022/2023, que recaeron en Camila López Rueda, Raúl Martínez Martínez, Laura Abelenda Seoane, Ángela Vinseiro Ríos, Alba Rúa García, Laura Rodríguez Marín, Alba Oliveira Baleirón, Anaïs Quiroga Carrillo e Antía Cores Torres.

Durante o acto, tamén se outorgaron os Sarmientos de Honra a María Belén Caballo Villar, María Esther Olveira Olveira e Martín Manuel Leranoz Iglesias. A sesión contou coa actuación musical de Javier Varela Prados, estudante do Mestrado Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria da USC.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620