Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O PP de Santiago denuncia falta de información sobre as negociacións con Ryanair

A concelleira María Baleato asegura que o goberno de BNG e CA non facilitou datos sobre os fondos destinados á compañía aérea e advirte de que poderán adoptar outras medidas

María Baleato compareceu en rolda de prensa para reclamar ao Concello a información sobre os créditos de Incolsa destinados ás compañías aéreas nos anos 2023, 2024 e 2025
María Baleato compareceu en rolda de prensa para reclamar ao Concello a información sobre os créditos de Incolsa destinados ás compañías aéreas nos anos 2023, 2024 e 2025
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
LICEO-620X50

A concelleira do Partido Popular de Santiago, María Baleato, denunciou hoxe, en rolda deprensa, a ocultación de información por parte do goberno de BNG e CA, en relación ás negociacións que teñen levado a cabo coa compañía aérea Ryanair. A popular subliñou que “os nacionalistas están a obstaculizar a nosa labor de oposición, ao non ternos aportada a documentación que lle temos solicitado dende hai tempo, polo que agardamos que nola faciliten, senón verémonos obrigados a tomar outras medidas”.

“Os nacionalistas non nos responden á cuestión formulada, o que queremos saber é canto destinou o Concello de Santiago a financiar a compañía Ryanair porque, de ser o caso, sería unha completa irresponsabilidade e un despilfarro dos fondos públicos”.

A edil popular destacou que “temos dereito a coñecer os antecedentes, os datos ou informacións que obran en poder dos servizos do goberno nacionalista e que resultan precisos para o desenvolvemento da nosa función e o goberno de BNG e CA non está a darnos a información que lle solicitamos, vulnerando, deste xeito, o noso dereito fundamental, porque estamos dentro do núcleo da función representativa”.

Baleato remarcou que “o peche da base da compañía é un asunto que levamos ao Pleno, que denunciamos publicamente, que nos preocupou e segue a facelo e, por iso, lle preguntamos ao goberno de BNG e CA que cantidades do orzamento de Incolsa foron destinadas ás compañías aéreas que operan en Santiago, concretamente, nos anos 2023,2024 e 2025”.

Ademais, insistiu , “esta semana, a concelleira de Turismo, Míriam Louzao vinculou a caída do turismo coa retirada de voos por parte desta empresa, dicindo que a relación coa caída é obvia, posto que, en xaneiro de 2025, tiñamos sete conexións estatais que agora non temos, o que fai que levante o noso interese en Ryanair”, explicou.

A popular indicou que “o PP de Santiago formulou a pregunta o 15 de decembro, rexistrámola de entrada ao día seguinte e obtivemos a resposta da alcaldía o 13 de febreiro de 2026, é dicir, a alcaldesa resposta fóra de prazo e, ademais, nos nega, por escrito, a información solicitada”.

María Baleato destacou que o que “os nacionalistas nos respostan é que os créditos iniciais do orzamento de INCOLSA destínanse ás campañas de marketing en Europa e online no Reino Unido, Italia e Alemaña; e se nos recorda que a discreción é unha virtude necesaria para poder negociar acordos con cantidades realistas e asumibles e que o PP conta coa correspondente representación no consello de administración de Turismo de Santiago que, entenden, é o lugar para tratar estes temas que están suxeitos á confidencialidade debida”.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina