Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A Xunta prevé entregar esta primavera 12 vivendas públicas en Lamas de Abade

As casas, adxudicadas provisionalmente, contan con sistemas de eficiencia enerxética e ao menos o 40% reservarase a menores de 36 anos; o investimento total ascende a 2,7 millóns de euros

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas visitou hoxe a promoción de 12 vivendas en Lamas de Abade, que se suman ás 36 que tamén se executan en Santiago-04
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas visitou hoxe a promoción de 12 vivendas en Lamas de Abade, que se suman ás 36 que tamén se executan en Santiago
Xunta
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A Xunta avanza para rematar esta primavera a construción de 12 vivendas públicas en Lamas de Abade, en Santiago deCompostela, cun investimento total de 2,7M€. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, xunto ao secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, visitou hoxe a promoción.

Allegue subliñou que as 12 vivendas xa foron sorteadas e teñen adxudicatarios provisionais, de xeito que se entregarán este ano, xunto ás que tamén se executan en Santiago para outras 36 vivendas (24 noutra parcela de Lamas de Abade e 24 no Castiñeiriño).

Das 12 vivendas, das que ao menos o 40% se reservarán para menores de 36 anos, 10 teñen 3 habitacións e as dúas restantes 2 dormitorios. Todas teñen terraza, dobre orientación e ventilación cruzada, ademais de sistemas de eficiencia enerxética, como instalación solar fotovoltaica ou a aerotermia para a auga quente.

A conselleira explicou que do investimento total de 2,7M€ neste inmoble, un 78% corresponden a fondos propios e 600.000€ son de fondos europeos.

Neste senso, puxo en valor o compromiso da Xunta para garantir o acceso á vivenda, ao sinalar que das 4.000 vivendas públicas comprometidas para esta lexislatura xa están en marcha máis de 3.000, cun investimento comprometido de 800M€, dos que 42M€ corresponden a fondos europeos MRR, 42M€ a fondos FEDER e “máis de 700M€ son de fondos da Xunta”.

Afirmou que non hai fondos do Plan Estatal de Vivenda e volveu reclamar ao Goberno central a súa aprobación, “que é o que ogallá si permita ese financiamento do Estado para que poidamos seguir a construír vivenda”.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620