Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A Biblioteca Anxel Casal programa contacontos, poesía e cómic para marzo

A programación inclúe actividades para nenos e familias, obradoiros poéticos polo Día da Poesía e sesións de creación polo Día do Cómic

A Biblioteca Anxel Casal de Santiago organiza contacontos, obradoiros de poesía e cómic durante marzo para fomentar a lectura e a participación cultural
A Biblioteca Anxel Casal de Santiago organiza contacontos, obradoiros de poesía e cómic durante marzo para fomentar a lectura e a participación cultural
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A Biblioteca Anxel Casal de Santiago converteuse nun espazo de creatividade e diversión para todas as idades, coa programación de contacontos destinada a nenos e familias, así como actividades especiais para celebrar o Día da Poesía e homenaxear o mundo do cómic, fomentando a lectura e a participación cultural na cidade.

O sábado 7 de marzo terá lugar unha actividade para nenos e nenas de entre 3 a 8 anos. No salón de actos, ás 12.00 horas, será o contacontos 'Bolboretas' con Soledad Felloza

'Bolboretas' é un espectáculo de narración oral para público infantil e familiar no que as protagonistas son nenas e mulleres que escoitan o seu corazón e atrévense a cambiar o seu camiño

A través da voz de Laia e dun baúl cheo de recordos chegan contos cheos de imaxinación, humor e emoción. Relatos próximos e poéticos que convidan ás máis pequenas e pequenos a pensar na axuda, na identidade e na forza de contar xuntas.

O 14 de marzo terá lugar o contacontos 'Bravas' con Ramiro Neira, dirixido a nenas e nenos, que teñen os mesmos soños e que contan coas mesmas posibilidades para acadalos. Nenos e nenas cos mesmos dereitos e deberes, pero todos e todas diferentes, como tesouros únicos que hai que coidar, que temos que coidar. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos.

Día da Poesía

O 16 de marzo, polo Día da Poesía, levarase a cabo o obradoiro de creación poética 'Que como o sol sexa o meu verso' da man de Apiario. Nesta proposta converxen o descubrimento do poético e da experiencia literaria a través da lectura activa, o comentario en grupo e unha proposta práctica para a escrita. 

Nas súas tres horas de duración, os asistentes atravesarán unha unidade de lectura deseñada para mergullar no extraordinario, no efémero, no misterio.... Pezas angulares e ferramentas que os levarán á escritura e a ampliar a capacidade lectora e crítica. Esta actividade precisa de inscrición previa. 

No marco do Día da Poesía, tamén terá lugar o 21 de marzo o contacontos 'A poesía tamén conta' de Charo Pita. Dirixida a nenos e nenas de 3 a 8 anos, estes terán a chave do reino da poesía, un lugar tan grande como a música. 

Finalmente, o 25 de marzo haberá unha nova sesión das 'Mañás poéticas', unha lectura aberta e libre de textos de diferentes autoras e autores, que no mes de marzo adicamos á poeta Alejandra Pizarnik.

Día do cómic

O 17 de marzo celebrarán o Día do Cómic cunha actividade que parte da pregunta: É posible crear un cómic nun día? O obradoiro de creación de cómic da man de Yago García fará un percorrido histórico para comprender a importancia deste xénero no mundo da arte e da cultura. Tamén aprenderán as bases para crear un cómic. Nesta ocasión está dirixido a nenos e nenas de entre 8 e 11 anos, que deben retirar invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620