Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A Real Filharmonía ofrece un novo recital do Ciclo de Lied no Auditorio de Galicia

O baixo Franz-Josef Selig e o pianista Gerold Huber interpretarán este xoves ‘Historias en palabras’, un percorrido polo lied desde Schubert ata Shostakovich

O concerto, organizado polo Concello a través de Compostela Cultura, celebrarase na Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia ás 20.30 horas
O concerto, organizado polo Concello a través de Compostela Cultura, celebrarase na Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia ás 20.30 horas
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A tempada 'Historias' da Real Filharmonía de Galicia continúa esta semana cunha nova cita do Ciclo de Lied. O xoves 5 de marzo ás 20.30 horas, a Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia servirá de escenario para o recital 'Historias en palabras', que contará coas interpretacións do baixo alemán Franz-Josef Selig e do pianista xermano Gerold Huber, dous intérpretes de referencia internacional no repertorio liederístico.

Organizado polo Concello de Santiago, a través de Compostela Cultura, en colaboración con Amigos da Ópera de Santiago de Compostela e co apoio da Deputación da Coruña, o concerto propón un percorrido pola evolución do lied desde o Romanticismo ata o século XX, a través de obras de Franz Schubert, Hugo Wolf, Rudi Stephan e Dmitrii Shostakovich.

Baixo o fío condutor da palabra cantada, o programa permitirá achegarse a diferentes momentos clave na historia deste xénero. Coas pezas de Schubert, o público viaxará aos inicios do lied romántico. A seguir, Hugo Wolf intensificará esa unión entre texto e música a través dun dramatismo expresivo que leva o lied a novas dimensións estéticas. As obras de Rudi Stephan, representante dunha xeración de compositores truncada pola Primeira Guerra Mundial, introducen unha linguaxe moderna, refinada e suxestiva. O percorrido culmina cos lieder de Dmitri Shostakovich, obras de grande intensidade expresiva nas que o compositor ruso fai deste xénero un espazo de reflexión.

O recital ten unha duración aproximada de 110 minutos e as entradas están dispoñibles na web compostelacultura.gal e na Zona C e tamén se poderán adquirir no despacho de billetes do Auditorio de Galicia o propio día do concerto a partir das 19.30 horas.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620