Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O Teatro Principal acolle dúas funcións de 'O Dragón de Ouro' de Sarabela Teatro

A montaxe, dirixida por Ánxeles Cuña Bóveda a partir do texto de Roland Schimmelpfennig, represéntase os días 27 e 28 de febreiro con posfunción ao remate da sesión do venres 

A produción de Sarabela Teatro chega á programación municipal de artes escénicas impulsada polo Concello de Santiago a través de Compostela Cultura
A produción de Sarabela Teatro chega á programación municipal de artes escénicas impulsada polo Concello de Santiago a través de Compostela Cultura
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Teatro Principal acolle os días 27 e 28 de febreiro, ás 20.30 horas, dúas representacións d’O Dragón de Ouro, a celebrada montaxe de Sarabela Teatro a partir do texto do dramaturgo alemán Roland Schimmelpfennig, un dos autores europeos máis representados da escena contemporánea. Ao remate do pase do venres 27 haberá unha posfunción, un espazo de encontro co público para afondar nos pormenores da creación da peza.

Traxedia contemporánea performática con elementos grotescos, a obra propón un xogo escénico de gran precisión formal e forte impacto emocional. A acción sitúanos nun edificio de varios pisos, nalgún lugar de Europa. Na cociña dun restaurante de comida rápida tailandés-chinés-vietnamita chamado O Dragón de Ouro, un mozo chinés sofre unha intensa dor de moa

Sen permiso de residencia, sen cartos e sen acceso a un dentista, os seus compañeiros deciden arrincarlla. Ao mesmo tempo, busca a súa irmá desaparecida. Ao seu redor, as historias multiplícanse: no balcón superior, un ancián quere retroceder no tempo mentres a súa neta, embarazada, afronta a ruptura coa súa parella; noutro piso, un home abandonado visita un tendeiro enigmático que explota unha moza chinesa; dúas azafatas cean no restaurante e unha delas atopa unha moa na súa sopa, que decide gardar.

A montaxe, con tradución de Catuxa López Pato e dramaturxia e dirección de Ánxeles Cuña Bóveda, finalista por este traballo á mellor dirección nos Premios ADE (Asociación de Directores e directoras de escena de España), combina humor fino e crueza, fantasía e realidade condensada, nunha proposta que interpela e conmove, abrindo espazos para a reflexión sobre a inmigración ilegal, a prostitución forzada e a fraxilidade das relacións humanas.

O elenco está integrado por Fina Calleja, Fernando Dacosta, Sabela Gago, Fernando González e Fran Lareu. A escenografía e vídeo arte son de Iris Branco; o deseño de iluminación, de Laura Iturralde; o vestiario, de Ruth Díaz Pereira; o asesoramento do movemento, de Rut Balbís; o asesoramento de texto, de María Peinado; o campo sonoro, de Renata Codda Font; e a composición musical, de Vadzim Yuknhevich. O equipo técnico de luz e son está formado por José Bayón e Rubén Dobaño, e a  produción corre tamén ao cargo de Fina Calleja.

O espectáculo, recomendado por La Red Española de Teatros, Auditorios y Festivales de Titularidad Pública, está tamén integrado na Rede Galega de Teatros e Auditorios e forma parte da programación escénica municipal que o Concello de Santiago desenvolve a través de Compostela Cultura co apoio do Consorcio de Santiago e da Deputación da Coruña.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620