Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

As asociacións veciñais trasladan ao Concello a súa preocupación polo aumento do tráfico de drogas e a conflitividade nocturna

A Coordinadora das Asociacións Veciñais pide máis control policial, datos sobre sancións ao ocio nocturno e un plan integral contra as adiccións en Santiago de Compostela 

Representantes da Coordinadora das Asociacións Veciñais mantiveron unha reunión co Goberno municipal e coas forzas de seguridade
Representantes da Coordinadora das Asociacións Veciñais mantiveron unha reunión co Goberno municipal e coas forzas de seguridade
kiryl
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Os representantes da Coordinadora das Asociacións Veciñais de Santiago reuníronse onte no Concello de Santiago coa alcaldesa, Goretti Sanmartín; a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas; o concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais, Xan Duro; a concelleira de Relacións Veciñais, Pilar Lueiro; e representantes das Policías Nacional e Local.

A xuntanza mantida tras os contactos coa Subdelegación do Goberno e a Policía Nacional serviu para debuxar un preocupante diagnóstico da seguridade en Santiago, dende o ámbito escolar ata o ocio nocturno, pasando pola convivencia veciñal básica.

Unha das preocupacións céntrase na venda de estupefacientes a menores na contorna dos colexios, unha problemática que a Asociación de Veciños de Angrois leva tempo denunciando na zona de Lamas de Abade. 

A presión do narcotráfico trasládase tamén ao interior das comunidades de veciños. A proliferación de "pisos de venda" está a xerar situacións de alta tensión en ascensores e portais, onde residentes e menores conviven con compradores.

Tamén alertan da reactivación da venda no Banco do Pobre, que afecta directamente a Santa Marta e ao recinto hospitalario. A situación no Hospital é tal que o persoal de Radioloxía vese obrigado a pecharse baixo chave polas noites para evitar incidentes cos toxicómanos que deambulan polas instalacións.

No que respecta ao ocio, denúnciase un nivel de venda de droga nos lavabos de certas discotecas compostelás que, segundo o documento, supera ao de grandes locais de Madrid. Isto ten como consecuencia pelexas, escándalos, taxis que se negan a acudir, incidentes...

A ofensiva da veciñanza

Ante este escenario, a Coordinadora das Asociacións Veciñais de Santiago trasladou á alcaldesa unha batería de demandas urxentes. A prioridade dos residentes é recuperar o control sobre o ocio nocturno e a seguridade xurídica das comunidades de propietarios.

Unha das medidas máis drásticas propostas pola Coordinadora é o adianto de dúas horas no peche de todos os establecementos hostaleiros, seguindo os modelos xa aplicados en cidades como Lugo ou A Coruña. 

Para combater a degradación interna dos edificios, a Coordinadora propón crear, xunto co Colexio de Avogados, unha oficina municipal de asesoramento. O obxectivo é guiar ás comunidades de veciños que sofren a presenza de puntos de venda de droga ou pisos onde se exerce a prostitución, situacións que a miúdo derivan en conflitos de difícil resolución legal para os particulares.

No ámbito sociosanitario, a veciñanza urxe ao Concello a elaborar un Plan integral contra a droga e as adiccións. Tras a transferencia da Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD) ao SERGAS, os veciños consideran que o baleiro en prevención desde os Servizos Sociais é "preocupante".

Pola súa parte, a alcaldesa comprometeuse a convocar unha xuntanza co Delegado do Goberno e a Comisaria da Policía Nacional, e a contactar co Xuíz Decano e coa Fiscalía para coordinar as accións necesarias para mellorar o control do narcotráfico e adoptar todas as medidas necesarias para garantir a seguridade das comunidades de veciños nas que hai problemas co tráfico de drogas.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620