Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O Pleno rexeita o cambio de nome do CEIP Apóstolo Santiago

A proposta para pasar a denominarse CEIP da Almáciga non prospera, mentres o Concello aproba un suplemento de crédito para renovar a cuberta da escola infantil de Tras Parlamento

Fachada del CEIP Apóstolo Santiago
O pleno de febreiro abordou o cambio de denominación do CEIP Apóstolo Santiago e aprobou un incremento orzamentario para substituír a cuberta da escola infantil de Tras Parlamento
Archivo
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O Concello de Santiago rexeitou no pleno ordinario de febreiro informar favorablemente do cambio de denominación do centro educativo CEIP Apóstolo Santiago por CEIP da Almáciga. Esta proposta contou cos votos a favor de BNG, CA e PSOE, en contra do PP e a abstención do concelleiro e as concelleiras non adscritas.

A dirección do centro educativo, co acordo unánime do Consello Escolar e a proposta da ANPA, pedía o informe favorable do Concello para poder solicitarlle o cambio á  Consellería de Educación.

Escola infantil de Tras Parlamento

Ademais aprobaron un expediente de suplemento de crédito para substituír a cuberta da escola infantil de Tras Parlamento. Os grupos deron luz verde a este modificativo, que permitirá un incremento de 83.369,29 euros, a petición da Concellería de Educación, ata acadar os 259.336,39 euros de orzamento.

A obra realizarase durante o verán seguindo o proxecto técnico aprobado pola Xunta de Goberno, que establece un prazo de execución de 100 días hábiles. Afectará ás dúas cubertas planas do edificio, unha delas transitable e outra axardinada, para solucionar os problemas de filtración de auga ao interior. Mellorarase tamén o illamento térmico do edificio.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620