Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

168 nenas e nenos participarán nos programas municipais de conciliación en Semana Santa

As listaxes provisionais de admisións para Compostela Concilia e Vacaludos publicáronse este mércores e as actividades desenvolveranse entre finais de marzo e comezos de abri

Os programas de conciliación de Semana Santa do Concello de Santiago de Compostela ofértanse en colexios municipais e no Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes
Os programas de conciliación de Semana Santa do Concello de Santiago de Compostela ofértanse en colexios municipais e no Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

As listaxes provisionais de admisións para a quenda de Semana Santa dos dous programas promovidos pola Concellería de Educación para favorecer a conciliación das familias en períodos non lectivos déronse a coñecer este mércores. En total, 168 nenas e nenos participarán nestas actividades municipais que axudan á conciliación das familias compostelás neste período non lectivo: 95 en Compostela Concilia e 73 en Vacaludos.

Ambas as dúas actividades, organizadas polo Departamento de Educación, están dirixidas a nenas e nenos de 3 a 12 anos. As actividades desenvólvense os días 30, 31 de marzo, 1 e 6 de abril nos colexios Monte dos Postes e Cardeal Quiroga Palacios, no caso de ‘Compostela Concilia’, e no Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes, en Fontiñas, no caso de ‘Vacaludos’.

Vacaludos

'Vacaludos' cubre as 73 prazas ofertadas coa seguinte distribución por idades: 20 prazas para crianzas de 3 anos, 30 prazas de 4 a 6 anos e 23 prazas de 7 a 12 anos. Para esta Semana Santa, as solicitudes superaron o número de prazas ofertadas en Vacaludos, polo que foi preciso realizar un sorteo público, o pasado martes, para os solicitantes no tramo de 4-6 e de 7-12 anos.

A inscrición en Vacaludos é gratuíta. Este programa ten unha finalidade lúdica, socioeducativa, cívica, cultural e inclusiva, cun proxecto cuxo obxectivo principal é garantir o dereito da rapazada ao xogo e a colaborar, así, no seu desenvolvemento integral, polo que está equipado cun fondo organizado de xogos, xoguetes, libros e outros elementos lúdicos adecuados á súa idade. Os recursos inclúen espazos psicomotrices, áreas de xogo simbólicas e tamén xogos multimedia, na Ludoteca das Fontiñas.

Compostela Concilia

A listaxe provisional de prazas adxudicadas no programa municipal Compostela Concilia para esta Semana Santa foron publicadas hoxe na páxina web do Concello de Santiago. O prazo para confirmar a inscrición vai igualmente do 26 de febreiro ao 3 de marzo. Neste caso, mediante o pagamento.

A participación en ‘Compostela Concilia’ esta Semana Santa ten un custo de 5,33 euros por día para as actividades, 1,67 euros para o almorzo e 5 euros para o comedor. Pódese elixir entre catro modalidades de participación. A completa inclúe servizo de madrugadores con almorzo, actividades e comedor cun horario de 7.45 a 16.00 horas.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620