Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Urbanismo presenta o balance das licenzas de vivenda e os cambios organizativos do departamento

Entre 2023 e 2025 concedéronse 23 licenzas de obra maior para edificios de nova planta con 374 vivendas, das que a metade son protexidas, xunto a máis de 280 autorizacións para rehabilitacións

A comparecencia de Iago Lestegás situou a vivenda protexida como eixo prioritario da política municipal para abordar a crise de accesibilidade ao mercado residencial
A comparecencia de Iago Lestegás situou a vivenda protexida como eixo prioritario da política municipal para abordar a crise de accesibilidade ao mercado residencial
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O concelleiro de Urbanismo e Vivenda, Iago Lestegás, deu conta dos datos recabados no seu departamento nos últimos dous anos. Entre 2023 e 2025 o Concello de Santiago concedeu 23 licenzas de obra maior para construír un total de 374 vivendas en edificios de vivenda colectiva de nova planta, das cales 186 (50%) son vivendas protexidas: 150 VPA e 36 VPP. Ademais, concedéronse 84 licenzas para construír 123 vivendas unifamiliares de nova planta.

Nese mesmo período, déronse 222 licenzas de obra maior para rehabilitacións ou reformas en edificios de vivenda colectiva. E no que vai de 2026, o Concello xa concedeu varias, a última para a rehabilitación integral do edificio sitio no número 12 da travesa de San Paio de Antealtares que leva moitos anos cunha armadura metálica perimetral. Ademais, no período de 2023 a 2025 concedéronse 61 licenzas de obra maior para rehabilitar, reformar ou ampliar edificios de vivenda unifamiliar.

Por tanto, en total, entre 2023 e 2025, déronse 283 licenzas de obra maior para rehabilitación, ampliación e reforma de edificios existentes de uso residencial. E adicionalmente, tamén nese período, autorizáronse 18 cambios de uso terciario a residencial, 11 deles no último ano.

Tal e como explicou Lestegás, todos estes son datos de licenzas de obra maior para uso de vivenda concedidas pola Xunta de Goberno Local, pero hai outras licenzas de obra maior para outros usos e moitas licenzas de obra menor que se conceden por decreto, alén de moitísimas actuacións suxeitas a comunicación previa. Por iso, o concelleiro de Urbanismo e Vivenda sinalou que “a actividade urbanística é moito maior que o que mostran estes datos”.

Prezo da vivenda

O concelleiro tamén deu conta da actividade urbanística relacionada coa vivenda nos últimos anos e dar conta da reestruturación do seu departamento para mellorar o funcionamento. Ademais, convidou a unha reflexión sobre o prezo da vivenda e advertiu de que a nova construción non supón por si mesma a contención do prezo e a posibilidade de acceder a ela, polo que debe ir acompañada doutras medidas como a protección permanente no caso de ter esta cualificación.

Con datos e gráficas, Lestegás abundou en que no mercado inmobiliario “non existe correlación directa entre aumento da oferta e diminución do prezo”. Así, repasou as cifras da época da burbulla inmobiliaria para indicar que, entre o ano 1997 e 2006, rematáronse máis de 4,7 millóns de vivendas en España e o prezo da vivenda subiu un 160%. “Esa experiencia histórica tan traumática e non tan lonxana invalida o dogma de que canto máis se constrúa máis baixará o prezo da vivenda”, engadiu.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620