Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O Faladoiro do CMD reivindica os oficios tradicionais e alerta da falta de relevo xeracional no sector da madeira

O arquitecto Jorge Salgado Cortizas puxo en valor proxectos que combinan innovación, sustentabilidade e identidade territorial

Jorge Salgado Cortizas durante a súa intervención no Faladoiro do CMD
Jorge Salgado Cortizas durante a súa intervención no Faladoiro do CMD
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia (CMD) celebrou este martes un novo faladoiro, espazo de diálogo profesional arredor da construción e rehabilitación en madeira, que contou coa intervención do arquitecto Jorge Salgado Cortizas. O encontro, organizado coa colaboración do Instituto Galego de Promoción Económica, serviu para reflexionar sobre o presente e o futuro do sector, poñendo o acento na importancia dos oficios tradicionais e na necesidade de garantir o seu relevo xeracional.

Durante a súa intervención, Salgado Cortizas repasou algúns dos proxectos máis significativos da súa traxectoria profesional, amosando como a madeira pode situarse no centro dunha arquitectura innovadora, sostible e con forte identidade territorial. 

Proxectos que combinan innovación e tradición

Entre as iniciativas abordadas destacou A Flote, concurso para equipamentos de piragüismo seleccionado para a Bienal de Venecia no ano 2000, consolidándose como unha proposta pioneira no uso estrutural da madeira nun entorno fluvial.

Tamén se analizou Buxo, proxecto vinculado ao centro de promoción de produtos agrícolas, gandeiros e forestais de Galicia, en Sergude. Neste caso, a intervención centrouse na residencia de estudantes executada, cuxo elemento máis salientable é a solución de fachada en madeira termotratada, que combina durabilidade, eficiencia e integración paisaxística coherente co medio rural.

Finalmente, o arquitecto abordou a rehabilitación do Pazo de O Piñeiro como centro de investigación agrícola, actualmente en fase de execución. O proxecto incorpora forxados mixtos formigón-madeira e supón un fito técnico ao empregar, por primeira vez a nivel internacional, madeira de castiñeiro neste tipo de solución estrutural.

Con estes exemplos, Salgado Cortizas amosou unha arquitectura capaz de integrar tradición e vangarda cunha sólida base técnica e un claro compromiso co territorio.

Formación, descarbonización e continuidade do sector

Tras a intervención, abriu un coloquio entre os asistentes no que se debateron cuestións como a formación especializada en madeira, as novas tendencias construtivas, os retos normativos e técnicos ou a descarbonización do parque edificado.

No transcurso do debate, os participantes coincidiron en subliñar o papel esencial que desempeñan os oficios tradicionais e especializados dentro da cadea de valor da madeira, destacando a súa contribución á calidade produtiva, á identidade do sector e á súa competitividade.

Ao mesmo tempo, manifestouse preocupación pola falta de relevo xeracional, sinalando a necesidade de reforzar a formación técnica, dignificar estas profesións e atraer talento novo que garanta a continuidade e evolución do coñecemento e das habilidades que sosteñen a industria.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620