Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Vilamaior renova as súas seis vías cun investimento de máis de 391.000 euros

As obras melloran a drenaxe, a accesibilidade e a seguridade no núcleo rural da Sabugueira

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, xunto co concelleiro de Obras, Xesús Domínguez, visitaron as obras de renovación do firme no lugar de Vilamaior
A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, xunto co concelleiro de Obras, Xesús Domínguez, visitaron as obras de renovación do firme no lugar de Vilamaior
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, acompañada do concelleiro de Obras, Xesús Domínguez, da concelleira de Rural, Pilar Lueiro e persoal técnico, visitou o lugar de Vilamaior, na Sabugueira, para comprobar a execución das obras neste núcleo do rural. O proxecto abrangue as seis vías que articulan o núcleo e contou cun orzamento de máis de 391.000 euros, con cargo ao POS+ 2023.

Sanmartín Rei desprazouse ata esta parroquia para coñecer o desenvolvemento dos traballos e verificar as garantías do cumprimento dos traballos previstos antes da recepción da obra por parte do Concello. Os traballos incluíron a renovación total do firme do núcleo, de formigón no solo de núcleo rural e asfáltico nos tramos de entrada, incluíndo unha senda peonil que atravesa a aldea. Esta renovación mellora significativamente a drenaxe da auga da chuvia e a funcionalidade do espacio público e a súa calidade, e tamén a seguridade e accesibilidade para as persoas.

Esta actuación súmase a outros investimentos que o Concello está a realizar na parroquia da Sabugueira, como a rehabilitación do Palco da Música de Lavacolla, recén rematada, ou a redacción dos proxectos para dotar de abastecemento e saneamento varios núcleos da parroquia.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620