Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O PSOE pide explicacións ao Goberno local polo mantemento dos muros municipais tras o derrubamento en Bonaval

Os socialistas levarán ao pleno unha pregunta sobre as actuacións realizadas desde 2022 nestas estruturas de titularidade municipal logo do sucedido no antigo cemiterio

A concelleira Marta Abal anuncia no Concello de Santiago de Compostela a iniciativa do Grupo Municipal Socialista para reclamar información sobre a conservación dos muros de titularidade municipal
A concelleira Marta Abal anuncia no Concello de Santiago de Compostela a iniciativa do Grupo Municipal Socialista para reclamar información sobre a conservación dos muros de titularidade municipal
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O Grupo Municipal Socialista levará ao pleno deste mes unha pregunta dirixida ao Goberno da señora Sanmartín para coñecer que actuacións realizou durante o mandato en relación ao mantemento e conservación dos muros de titularidade municipal, tras o derrubamento parcial dun dos muros do antigo cemiterio de Bonaval rexistrado hai dez días.

Segundo explicou a concelleira socialista Marta Abal, “hai 10 días un dos muros que albergan os nichos do antigo cemiterio de Bonaval derrubouse froito das intensas choivas deste inverno”, unha situación que, ao seu xuízo, puxo de manifesto a necesidade de revisar o estado destes espazos.

Abal lembrou que “xa nese momento, desde o Grupo Municipal Socialista, amosamos a nosa preocupación polo mantemento deste espazo, tanto no que ten que ver coa conservación do patrimonio, como no relativo á seguridade das persoas”, advertindo de que non se trata só dunha cuestión estética ou patrimonial, senón tamén de prevención de riscos.

Neste contexto, a edil sinalou que existe “un estudo de finais do ano 2022” que “analizaba o estado de conservación e as medidas correctivas que había que adoptar en muros de titularidade municipal de Santiago”, polo que considera necesario coñecer que medidas se adoptaron desde entón.

Por iso, segundo indicou, “no pleno deste mes de febreiro, preguntámoslle ao Goberno local que fixo durante este mandato para manter e conservar en bo estados muros”, reclamando información detallada sobre as actuacións levadas a cabo.

A concelleira explicou que desde o Grupo Socialista “pedimos transparencia, coñecer as actuacións realizadas e a planificación das futuras, así como a súa dotación económica”, ao entender que a conservación do patrimonio e a seguridade nos espazos públicos deben formar parte dunha planificación estruturada e non de respostas puntuais tras os incidentes.

Neste sentido, Abal concluíu que “só a través dun plan de intervención claro e calendarizado podemos previr que accidentes en espazos públicos como o de Bonaval se repitan”, instando ao executivo local a ofrecer explicacións e a presentar unha folla de ruta concreta.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620