Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Estudar na USC ten premio solidario: as bibliotecas trocan horas por euros para proxectos en África

A XXII Olimpíada Solidaria de Estudo busca financiar un pozo en Angola e formación en Senegal mediante un sistema de códigos QR que converte cada hora de traballo nunha doazón

Desde a Concepción Arenal ata a Facultade de Historia, quince bibliotecas do Campus de Santiago participan nesta iniciativa
Desde a Concepción Arenal ata a Facultade de Historia, quince bibliotecas do Campus de Santiago participan nesta iniciativa
Santi Alvite
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Dende este luns 23 e ata o 3 de abril o estudantado da USC poderá participar na vixésima segunda edición da Olimpíada Solidaria de Estudo, unha iniciativa coa que poderá trocar as horas de estudo en bibliotecas por euros que serán investidos en apoiar dúas comunidades africanas, en Angola e Senegal, que traballan por mellorar o seu presente e construír un futuro máis digno.

Deste xeito, o estudantado que sume tempo de estudo nas bibliotecas da Universidade, tanto no campus de Santiago como no de Lugo, pode rexistrar as horas que invista empregando un código QR que estará á beira do cartel da Olimpíada na entrada da biblioteca. Por cada hora de estudo rexistrada, a persoa usuaria doará 1 euro que achegarán as entidades patrocinadoras.

O diñeiro recadado dedicarase á construción dun pozo de auga no alto Bimbi (Angola), que beneficiará de forma directa a unha comunidade de ao redor de 2.000 persoas, e en Thiès (Senegal) a un proxecto de formación para o emprego e o emprendemento que alcanzará máis de 300 persoas de maneira directa e a moitas máis de forma indirecta a través do cal adquirirán habilidades prácticas para acceder ao mercado laboral, poñer en marcha pequenos proxectos e avanzar cara a unha maior estabilidade económica e social.

Bibliotecas participantes

As bibliotecas que participan nesta edición son, no Campus de Santiago, a Concepción Arenal, Xeral, Bioloxía, Ciencias da Comunicación, Ciencias Económicas e Empresariais, Enfermaría, Escola Técnica Superior de Enxeñaría, Filoloxía, Filosofía, Física, Matemáticas, Medicina e Odontoloxía, Psicoloxía e Ciencias da Educación, Química, e Xeografía e Historia.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620