Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Comeza o XVII Santiago(é)Tapas con 76 propostas gastronómicas ata o 8 de marzo

O certame de Turismo de Santiago, co apoio da Deputación da Coruña, suma este ano máis locais e rutas temáticas, con premios e unha estadía en Hotel Gaio 7 para o público participante

A inauguración foi celebrada en O Sendeiro, un dos locais gañadores da pasada edición
A inauguración foi celebrada en O Sendeiro, un dos locais gañadores da pasada edición
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O XVII Santiago(é)Tapas botou a andar esta mañá tras a inauguración celebrada en O Sendeiro, un dos locais gañadores da pasada edición. Nesta ocasión haberá un total de 76 tapas, oito máis que en 2025, de 48 locais, seis máis que na edición anterior, poderán degustarse en Compostela desde hoxe e ata o 8 de marzo. 

Estes establecementos están distribuídos en oito (é)Tapas que levan nomes dos Camiños de Santiago. Hai tamén tres rutas de interese especial: doce, vexetariana e sen glute. Todas elas poden consultarse no Tapasporte que xa se pode recoller na Oficina de Turismo de Santiago en horario de 10.00 a 18.00 h de luns a domingo; así como en todos os locais participantes. 

Aquelas persoas que completen estas rutas ou (é)Tapas no Tapasporte poderán gañar diversos premios. Ademais, entre todas aquelas persoas que voten polas súas tapas favoritas a través dos QR que atoparán nos locais participantes, sortearase unha estadía de dúas noites con almorzo no Hotel Gaio 7 en Santiago, cortesía de Vimbio.

O concurso seleccionará a tapa que representará a Santiago de Compostela no certame autonómico De tapas por Galicia impulsado por Turismo de Galicia
O concurso seleccionará a tapa que representará a Santiago de Compostela no certame autonómico De tapas por Galicia impulsado por Turismo de Galicia
Concello de Santiago

Grandes premios

Entre todas as tapas que concursan neste XVII Santiago(é)Tapas outorgaranse, mediante o voto ponderado do xurado profesional e do público, tres galardóns principais: Premio á Mellor Tapa Doce, dotado con 1000 euros e un agasallo especial de Café Dromedario; Premio Compostela Gastronómica á Mellor Tapa Tradicional, dotada con 1000 euros; e Premio Deputación da Coruña á Mellor Tapa Creativa, dotada con 1000 euros. Esta última tapa será a que representará a Santiago no concurso De tapas por Galicia organizado por Turismo de Galicia

Ademais, outorgaranse varios premios adicionais, elixidos polo xurado profesional: Premio Ponte da Boga á Mellor Tapa Maridada con Viño; Premio Estrella Galicia á Mellor Tapa Maridada con Cervexa; Premio Calidade Diferenciada á Mellor Tapa con produto de DOP, IXP, Produción Ecolóxica ou Artesanía Alimentaria; Premio Cash Record á Mellor Tapa Vexetariana/Vegana; e Premio ACEGA á Mellor Tapa Sen Glute. 

      0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
      0620_arte_floral_calo_251121_carlos
      0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
      0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
      0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
      PRIMERA-LINEA-620
      lacabaña620