Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago recupera Santa Isabel: a reforma integral do complexo deportivo encara a súa apertura

A alcaldesa visita as instalacións tras un investimento de 2,6 millóns de euros que mellora a eficiencia enerxética, a accesibilidade e crea unha nova praza pública 

Goretti Sanmartín, acompañada polos concelleiros Pilar Lueiro e Xesús Domínguez, supervisa o resultado das obras
Goretti Sanmartín, acompañada polos concelleiros Pilar Lueiro e Xesús Domínguez, supervisa o resultado das obras
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, a concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, e o concelleiro de Obras, Xesús Domínguez, visitaron este mércores o complexo deportivo de Santa Isabel, que vén de rematar a súa reforma integral.

A rexedora destacou que se trata dunha “obra moi imporante, cun investimento moi relevante que vai significar un antes e un despois”. A actuación acadou un investimento de 2,6 millóns de euros, dos cales máis de 2,3 millóns corresponden á axuda do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios (PIREP) e serviu para renovar toda a cuberta, facer actuacións para a climatización da piscina, abrir espazos que dan maior claridade e crear un espazo de socialización, así como tarefas de mantemento.

“O máis importante é todo o que ten que ver coa eficiencia enerxética, o arranxo da envolvente e a accesibilidade, dotando tamén dun ascensor, de ramplas e espazos adaptados”, destacou Goretti Sanmartín, “moi satisfeita de ver esta obra rematada”.

Avanzou que nas próximas semana farase a recepción oficial destas obras e a continuación a apertura ao público.

Praza pública

Ademais, as obras permiten unha maior integración do pavillón co resto da cidade, de maneira que a praza da porta principal agora é unha entrada cun espazo diáfano.  “Impos gañar unha praza pública con máis movemento, socialización e vitalidade dentro do que é o tecido urbano”, valorou a alcaldesa.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620