Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago retoma a Campaña Municipal de Animación á Lectura tras sete anos de paréntese

A XX edición, baixo o lema 'Ler para crecer', ofrece actividades gratuítas para escolares e familias na sede de Afundación Santiago, en colaboración con Kalandraka, ata o 12 de marzo

A mostra de ilustracións e actividades da XX Campaña Municipal de Animación á Lectura forma parte da programación educativa do Concello de Santiago
A mostra de ilustracións e actividades da XX Campaña Municipal de Animación á Lectura forma parte da programación educativa do Concello de Santiago
Andrew Ebrahim
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

'Ler para crecer' é o lema da XX Campaña Municipal de Animación á Lectura que se está a celebrar desde o pasado 9 de febreiro e ata o 12 de marzo, organizada polo Departamento de Educación do Concello de Santiago en colaboración con Kalandraka e con Afundación Santiago. A sede desta institución, no número 19 da rúa do Vilar, acolle actividades de balde dirixidas fundamentalmente ao alumnado de educación infantil e primaria, ao profesorado e ás familias.

'Grande e pequena', a obra de Arianna Squilloni e Raquel Catalina distinguida co XVIII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, é o eixe da programación. Tamén comparten ese protagonismo os libros galardoados dende o ano 2019: 'O can de Milu' de Mariann Máray, 'Dende 1880' de Pietro Gottuso, 'Selva' de Marina Gibert, 'Esperando o amencer' de Fabiola Anchorena, 'A visita' de Núria Figueras e Anna Font, e 'Bim Bam Bum' de Maria Girón.

Tras sete anos dunha paréntese que tivo a súa orixe na pandemia de coronavirus, a Campaña Municipal de Animación á Lectura retómase cunha grande exposición de ilustracións e de elementos tridimensionais creados a partir destes sete álbums. A mostra está aberta ao público de luns a sábado de 13.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.30 horas.

XX Campaña de Animación á Lectura comezou este pasado luns coas visitas matinais diarias das nenas e dos nenos de educación infantil, primeiro e segundo de primaria coas sesións de contacontos con música, realizadas por Paco Nogueiras.

O alumnado de terceiro e cuarto de primaria asistiu aos obradoiros de ilustración que imparte o artista plástico Xosé Cobas a través do libro 'Cadros dunha exposición', arredor de como ilustrar a partir da música. Tamén haberá talleres de escrita creativa co autor Chisco Fernández Naval, dirixidos aos rapaces e rapazas de quinto e sexto de primaria, co libro 'Os contos da avoa Pepa' como fío condutor para compatir a memoria entre maiores e pequenos.

Mañá sábado 14 de febreiro ás 11.30 e ás 12.30 horas haberá sesións de contos para bebés arredor da colección de prelecturas 'Do berce á lúa', de Antonio Rubio e Óscar Villán. Xa están todas as prazas cubertas.

Os sábados 21 e 28 de febreiro, ás 12.00 horas, Paco Nogueiras conducirá senllas sesións de contacontos con música para familias. O sábado 7 de marzo á mesma hora, desenvolverase unha sesión inclusiva de contos que, neste caso, contará coa colaboración das intérpretes de En lingua de signos.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620