Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O PSdeG levará ao Parlamento o colapso da sanidade na área de Santiago e o atraso do centro de saúde do Castiñeiriño

Aitor Bouza anuncia iniciativas sobre as urxencias e a Atención Primaria e para reclamar o cumprimento do compromiso da Xunta co novo ambulatorio

O PSdeG-PSOE rexistrará iniciativas no Parlamento de Galicia para esixir melloras na Atención Primaria en Compostela e a construción do centro de saúde do Castiñeiriño
O PSdeG-PSOE rexistrará iniciativas no Parlamento de Galicia para esixir melloras na Atención Primaria en Compostela e a construción do centro de saúde do Castiñeiriño
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O deputado no Parlamento de Galicia e secretario xeral do PSdeG de Santiago, Aitor Bouza, anunciou que o Grupo Socialista levará á Cámara galega tanto a situación da sanidade pública na área compostelá, marcada polo colapso das urxencias e polas dificultades crecentes para acceder á Atención Primaria, como o incumprimento do compromiso da Xunta coa creación do novo centro de saúde do Castiñeiriño.

Bouza sinalou que a saturación da Atención Primaria está detrás dunha parte importante dos problemas asistenciais e lembrou que, tal e como xa viña advertindo o PSdeG, “estes colapsos que se producían viñan gran parte producidos por unha atención primaria que estaba absolutamente saturada”, insistindo en que a situación non é nova e pode comprobarse a diario ao tentar solicitar unha cita médica en Compostela.

O dirixente socialista puxo exemplos concretos da demora na atención e advertiu de que “se simplemente precisamos unha receita tampouco temos cita nin telefónica ata o mes de marzo” e que “temos que esperar case un mes para que nos atenda a nosa médica de cabeceira”, unha situación que cualificou de “absolutamente lamentable” e que, ao seu xuízo, responde a “unha cuestión de modelos”.

Segundo defendeu, o modelo do Partido Popular está deteriorando progresivamente o sistema público e a súa política sanitaria “o que deixa entrever” é “que quere que a cidadanía teña que verse abocada a acudir á sanidade privada”, algo que considerou “absolutamente intolerable”. Bouza advertiu ademais de que “non se pode xogar cos nosos dereitos. Non se pode xogar coa sanidade. Non se pode privatizar a sanidade pública”.

Neste contexto, o PSdeG volverá reclamar no Parlamento que se garanta o acceso á médica ou médico de cabeceira nun prazo máximo de 48 horas, unha proposta xa defendida polos socialistas a través dunha iniciativa lexislativa, xa que, segundo insistiu Bouza, “o que esiximos é que se repoña a sanidade pública á calidade que se merecen as veciñas e osveciños de Santiago”.

Centro de saúde do Castiñeiriño

Xunto co debate sobre o colapso da Atención Primaria, o Grupo Socialista levará ao Parlamento unha iniciativa específica para esixir a creación do novo centro de saúde do Castiñeiriño, un compromiso do Partido Popular que, segundo Bouza, “segue sen materializarse máis de dous anos despois”.

Bouza lembrou que o PSdeG presentou emendas aos orzamentos da Xunta para impulsar o centro de saúde, que foron rexeitadas polo PP, e anunciou que rexistrarán agora unha iniciativa específica para o seu debate, advertindo de que “agardamos que non fora simplemente un anuncio de campaña electoral e que, polo tanto, se comprometa coasveciñas e cos veciños de Compostela e que non os volva a traicionar outra vez máis co seuvoto negativo”.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620