Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O Concello activará penalidades contra Eulen pola renuncia ao contrato dos centros socioculturais

O Goberno local iniciará o procedemento para adxudicar o Lote III á seguinte empresa licitadora e dará por rematada a orde de continuidade de Serviplus

O concelleiro Xan Duro explica que a renuncia da adxudicataria non é imputable ao Concello e que se activarán os mecanismos previstos na Lei de Contratos
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Goberno local vai iniciar o procedemento para adxudicar o Lote III do contrato para a xestión da rede dos Centros Socioculturais á seguinte empresa licitadora, unha vez a Xunta de Goberno tome coñecemento da renuncia de Eulen a formalizar o contrato do que fora adxudicataria. 

O concelleiro Xan Duro compareceu hoxe en rolda de prensa para explicar a situación na que se atopa o servizo despois da decisión de Eulen “que as primeiras análises técnicas entenden que non é imputable ao Concello”. Por iso, o edil avanzou que a Xunta de Goberno iniciará o procedemento para a imposición de penalidades á empresa, e ordenará a suspensión da orde de continuidade pola que Serviplus seguía prestando o servizo “co obxectivo de non causar máis prexuízos ás traballadoras”.

Imposición de penalidades

Xan Duro reiterou que a decisión de Eulen de non asinar o contrato do que fora adxudicataria “é irresponsable e non está xustificada, e así o indican as primeiras análises técnicas que apuntan a que a falta de formalización do contrato é imputable á empresa e non ao Concello”. Neste sentido, o concelleiro referiuse aos dous argumentos da empresa no seu escrito de renuncia: as nóminas que a actual empresa lle debe ao persoal, e a demanda interposta pola representación sindical das traballadoras para solicitar un cambio no convenio colectivo de aplicación no contrato.

Xan Duro explicou que “no nomento da licitación e durante o prazo de presentación de ofertas non existía débeda salarial certa, vencida e esixible por parte da empresa contratista saínte, porque os pregos en vigor sinalan que o atraso debía ser de máis de dúas nóminas”. Ademais, insistiu en que “o Concello de Santiago actuou conforme a dereito, activando os mecanismos previstos na Lei de Contratos e retendo as facturas pendentes á empresa para garantir o pago dos salarios por un importe de máis de 180.000 euros, unha cifra superior á débeda estimada por Eulen”. 

A maiores, o concelleiro explicou que “nas reunións que mantivemos coa empresa ao longo do mes de xaneiro, despois da adxudicación do contrato en Xunta de Goberno, informamos da situación das nóminas e tamén dos mecanismos activados para o seu pago e aclaramos que en ningún caso sería Eulen a que tería que facerse cargo do seu abono”.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620