Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Hugo Guezeta pecha en Santiago a xira 'O Noso Tempo' cun concerto especial na Sala Capitol

O rapeiro galego actuará na capital galega o sábado 24 de outubro

Hugo Guezeta u00a9 Juancho Everman 5
Hugo Guezeta | Juancho Everman
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Santiago de Compostela acollerá o concerto de fin de xira de Hugo Guezeta, que pechará a etapa de O Noso Tempo cunha actuación especial o sábado 24 de outubro na Sala Capitol. Trátase dunha cita moi sinalada tanto para o artista como para o público, xa que a Capitol foi tamén o escenario no que se despediu a súa anterior banda, SonDaRúa, cun concerto que colgou o cartel de completo.

As entradas sairán á venda o mércores 11 de febreiro a través da plataforma enterticket.es. O concerto contará con bandas convidadas e sorpresas, que se irán anunciando nas vindeiras semanas, e servirá para celebrar en Compostela o percorrido dun proxecto que consolidou a carreira en solitario do rapeiro.

Tras a publicación do seu primeiro álbum de longa duración, O Noso Tempo, Hugo Guezeta iniciou unha nova etapa artística que foi gañando peso con temas posteriores como Equilibrar, xunto a Guadi Galego; Crise, con Vimbio; ou 100 Frases, nos que mantivo o espírito reivindicativo e persoal que marcou a súa traxectoria desde SonDaRúa.

Ao longo de case dous anos de xira, O Noso Tempo pasou por numerosas salas e festivais, acumulando varios concertos con entradas esgotadas e actuacións en citas destacadas como Revenidas, A Candeloria, Millo Verde ou Murallón de Son. Un percorrido que situou a Hugo Guezeta como un dos referentes actuais da escena urbana galega, tanto pola forza das súas letras como pola súa versatilidade sobre o escenario.

O concerto de outubro na Capitol suporá un punto e seguido na súa carreira. Tras esta cita, o artista prevé regresar ao estudo para traballar nos seus próximos proxectos musicais, despois dun período marcado polo recoñecemento do público e o impacto dun disco que superou o medio millón de reproducións en plataformas dixitais.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620